Esta fin de semana estivo inzada pola música. Dous concertos, un deles esperado e o outro totalmente inesperado.

O venres na Praza do 8 de marzo, no barrio de San Pedro en Compostela, un concerto alternativo en plenas festas da Ascensión, heavy para todos os gustos, grupos novos da comarca (IceWind e CodeName) e algúns deles cun son espectacular que xa quixeran moitos para si. Hei de recoñecer que non son ‘hevicheira’, mais o son dos dous últimos grupos era irresistible, saltei e ghritei sen parar, e o ambiente do barrio de San Pedro tamén axuda un montón, vellos e novos e nenos na praza cos seus pais, como nunha verbena.

O sábado noite de hip-hop na Capitol, a verdade e que ía para ver a DKTC , levo desde que saiu o disco hai un par de meses escoitándoo case a diario, así que fun con as pilas cargadísimas e paseino en grande, saín coa roupa enchoupada de saltar e cantar e berrar. Ademais deles tocaba un colectivo hip hip de Valladolid que tamén estiveron moi ben. O peor foi o ambiente, a xente de fóra non se veu arropada polo público, todo o rato da metade para atrás da sala ata que chegaron Dios ke te Crew (espectacular!), entón si que foi unha invasión. Na miña defensa e na do Xeógrafo hei de dicir que estivemos en primeira fila dende o principio ata o final, suando a gota gorda.

E o domingo puxéronse os alicerces para un proxecto de lecer que comeza con moita ilusión, supoño que o Xeógrafo irá dando boa conta dos avances nas Crónicas.

En fin comeza unha nova semana coas baterías ben cargadas, con ‘positivas vibracións’, esperemos que non se ghasten todas hoxe.

Como dicía a miña nai cando lle preguntaban por qué non sacaba o carné de conducir:

-‘Se a estrada estivera toda para min!’


Gran Vía, de Antonio López García

Como na imaxe de arriba tería que estar a rúa para que eu saíra tranquila a conducir. En fin, que ando a voltas co carné , facendo un combinado teórico-práctico que me deixa pra recoller con culler ao rematar o día.

E aproveito as circunstancias para colgar unha pinturiña, que había tempo que non o facía. Non está na listaxe dos 10 favoritos, pero podería…


Porque sempre sexan nosas.
Porque sempre haxa bos sementadores.
Porque sempre haxa quen faga medrar esa semente e coide dela.

E como din estes…que non me ‘jodan’ con Rianjo, Sanjenjo, La Guardia, Órdenes , Bueymuerto…!!!

Feliz día do libro e do toxo!

Levo dúas semanas que máis que tirar eu pola vida, a vida tira por min, e ao chegar a casa estou tan cansa que poñerme diante do ordenador, despois de estar xa no choio oito horas diante del, fáiseme unha tarefa colosal.

Hoxe mesmo a espalda é un nó, que parte da metade da mesma e chega case aos ollos-en forma de bágoas que non chegan a asomar-, e nin as droghas fan efecto, así que vou ser moi breve…


Esta longa e produtiva fin de semana ademais de ver a amigos, pais e demais familia, o Xeógrafo Breogán e máis eu fumos ao Castro de Baroña e a ver o Dolmen de Axeitos, un pequeno “tripi” como di el, un día soleado de paseos, descobrementos e total relax…

Xusto arriba e xusto abaixo deixo un par de imaxes, curiosidades e “brincadeiras” que ten a mai natura…