Ainda que mudei de casa o espírito seguirá a ser o mesmo. Un non pode escapar de si mesmo por moi lonxe que vaia, así que agardo aquí…polos de sempre.

Buscando unha imaxe na rede atopei o cadro colgando da parede do MauritsHuis e non o puiden evitar. Vinme dentro duns anos intentando tomar esta foto diante, do que para min é o cadro máis fermoso de Vermeer, ainda que entre en contradicción co nome desta miña casa virtual.

En calquera caso benvidos!

Se ben non coincido en absoluto co movemento futurista, nin nas súas teses ou plantexamentos vitais, nin nos artísticos, hei de dicir que o seu espírito de amor á velocidade venme ao pelo para o minipost de hoxe, ilustrado co cadro de G. Balla: Velocità di motocicletta.


O proxecto de lecer do que falaba no post anterior vai cara adiante e xa temos algo en marcha, pero como dicen os artistas non digo nada que ‘igual se fastidia’, así que cando estea algo máis avanzadiño irei contando. Pero entre as reunións coa nacente asociación, o choio, o carné e a visita da miña irmá á Feira do Teatro en Compostela, non dou feito e non paro na casa mais que para durmir.

Por certo, case cae o Principal cos aplausos para esta montaxe deliciosa dunha compañía formada por un galego e dous alemáns. Teatro xestual, para o que non era precisa nin unha soa palabra, corpos que expresaban todo e unhas máscaras que parecían vivas, maxia pura na que os tres actores se multiplicaban po 10 nas táboas, se tendes ocasión de vela por aí non a perdades.

E dixen que ía ser breve e así é…mañá será outro día, un día fantástico no que a xornada laboral de verán dará paso a novas expectativas e a unhas prometedoras tardes cheas de tempo …libre???