Mañá inaugúrase na Chocolataría a exposición de Habana Factory ás 20:00 da tarde, e agardo estar alí para presenciar a derradeira exposición, e digo ben, derradeira de última de todo, de ces’t fini…
Cando comezou hai algo máis dun ano o proxecto da Chocolataría, tiven a oportunidade de entrar por primeira vez nun dos edificios emblemáticos de Compostela, e descubrir a obra de Julian Opi, un artista británico sorprendente, coa que abriu este ‘Espazo de Experimentación e Creación Contemporánea’.
Durante todo ese ano, podo dicir que vin moito do que alí se programou, non todo, e no peor dos casos, nunca me deixou indiferente. Creo que é unha lastima que remate, que ese espazo máxico que foi a fábrica de Chocolates Raposo perda esta función, para a que nunca foi creada.

(Este cadro de Blur puidémolo ver na Tate Britain o pasado agosto)
E aínda que non o pareza, todo esto ten que ver co Rol…e como? A Asociación Casco Vello, tivemos o privilexio de poder desenvolver na Chocolataría os I Encontros de Xogos de Rol e de Estratexia Ludus Stellae durante os días 13 e 14 de outubro. A penúltima actividade/ exposición ou ‘experimentación’ que aconteceu nese espazo, que naceu con data de caducidade, xa que era un proxecto, desgraciadamente temporal.

Dous días para lembrar, de moito traballo e ilusión, pero con moitas compensacións. Ningún de nós, nos nosos mellores soños pensabamos que o recinto fabril quedaría pequeno para xente con tantas ganas de xogar: nenos, maiores, roleros, non roleros, curiosos, escépticos…de todo pasou por alí.
Encantaríame que houbera uns segundos, e uns terceiros…mais non sei se serán nun lugar tan privilexiado como o destes primeiros.
Vaia por diante o noso agradecemento aos bolseiros, traballadores e programadores dese espazo que fixeron que un mundo fantástico fose posíbel.
Outubro 22nd, 2006 at 3:00 pm
Ola Jan. Noraboa por ser alumno de Luisa Villalta. Quen me dera. Eu lin todos o s seus libro. Encántame todo sobre ela!! Mágoa súa morte e non coñecela, non escoitala recitar, e peor aínda, non escoitala facer poesía no seu violín. Pronto publicarei un libro cunha cita dela e un poema inspirado na súa poesía e no seu violín “LUME DE VIOLÍNS”. Xa che avisarei. Grazas pola mensaxe. Bicos de moralla ou Yoli
Outubro 23rd, 2006 at 1:29 am
pois nada que se fai con amor e paixon remata. Queda na memoria dos que disfrutaron e nos soños dos que queren mais!! Apertas Jan!
Outubro 24th, 2006 at 5:42 pm
Todo o que sa fai con amor perdura non teñas dúbida diso…
Alégrome polo éxito.
Unha aperta grande.

Outubro 25th, 2006 at 12:24 pm
http://www.os100tolos.blogspot.com