Mañá inaugúrase na Chocolataría a exposición de Habana Factory ás 20:00 da tarde, e agardo estar alí para presenciar a derradeira exposición, e digo ben, derradeira de última de todo, de ces’t fini…

Cando comezou hai algo máis dun ano o proxecto da Chocolataría, tiven a oportunidade de entrar por primeira vez nun dos edificios emblemáticos de Compostela, e descubrir a obra de Julian Opi, un artista británico sorprendente, coa que abriu este ‘Espazo de Experimentación e Creación Contemporánea’.

Durante todo ese ano, podo dicir que vin moito do que alí se programou, non todo, e no peor dos casos, nunca me deixou indiferente. Creo que é unha lastima que remate, que ese espazo máxico que foi a fábrica de Chocolates Raposo perda esta función, para a que nunca foi creada.

(Este cadro de Blur puidémolo ver na Tate Britain o pasado agosto)

E aínda que non o pareza, todo esto ten que ver co Rol…e como? A Asociación Casco Vello, tivemos o privilexio de poder desenvolver na Chocolataría os I Encontros de Xogos de Rol e de Estratexia Ludus Stellae durante os días 13 e 14 de outubro. A penúltima actividade/ exposición ou ‘experimentación’ que aconteceu nese espazo, que naceu con data de caducidade, xa que era un proxecto, desgraciadamente temporal.


Dous días para lembrar, de moito traballo e ilusión, pero con moitas compensacións. Ningún de nós, nos nosos mellores soños pensabamos que o recinto fabril quedaría pequeno para xente con tantas ganas de xogar: nenos, maiores, roleros, non roleros, curiosos, escépticos…de todo pasou por alí.

Encantaríame que houbera uns segundos, e uns terceiros…mais non sei se serán nun lugar tan privilexiado como o destes primeiros.

Vaia por diante o noso agradecemento aos bolseiros, traballadores e programadores dese espazo que fixeron que un mundo fantástico fose posíbel.

Se queredes ver como foron, aquí e aquí e aquí tamén.

Só quedan seis días para os Ludus Stellae…estou como unha cafetera…a efervescencia invádeme, a actividade é frenética… Só quero que esto remate e saia ben, e descansar.

Pecharme na casa, deitarme no sofá, quentiña cunha manta e ver dun tirón todos os capítulos que teño de Invasión e non pensar en nada máis…

Ben xa son propietaria dunha L (de LUNÁTICA), desas verdes que me autorizan a ir a 80 kilómetros por hora pola estrada durante un ano!!! Tremede peóns de Compostela!!!

En fin, que xa é meu -á segunda- aínda que terei que esperar un mes ou así para ter o meu prezado carné. A tecnoloxía avanza que é unha barbaridá, pero teño que agardar 15 días para ter un carné provisional…flipante non!!!???

Só espero ser merecedora del e percorrer moitos lugares no Forito, co Xeógrafo ao meu carón…hoxe polo de pronto fun a facer algo tan pouco prosaico como a compra no DÍA de Vidán

Isto é o que andamos a montar nós. Quedades convidados!!!