Esta fin de semana estiven no I Simposio Prisciliano organizado pola Asociación Cultural O Galo, e do que xa comentarei un pouquiño máis, para quen lle interese. Teño que revisar notiñas e todas esas cousas, que a idade vai afectando…
Déixovos como aperitivo a frase de Marc Bloch coa que Eduardo López comezou a súa, máis que interesante, conferencia ‘Prisciliano e o priscilianismo como motor do movemento cultural na Gallaecia’:


A incapacidade de entender o noso presente nace da ignorancia do noso pasado“.
Se queredes mentres tanto ter un pouquiño máis de información ao respecto, podedes consultar a que fixemos ela e máis eu por cuestións laborais.

Non sei, tal vez necesitara un descanso…

Un mes moi intenso en moitos sentidos, uns máis afortunados que os outros, con moitas cousas que contar, pero con pouco ánimo para contalas.


Agardo poñerme ao día e pasear por todos os soños que teño por aquí, supoño que estiven demasiado desperta… Ademais este é un dos meses nos que máis me gusta Compostela…a razón: Cineuropa.

Hoxe veño de ver Jasper…unha curta preciosa!

Nin que decir ten que debezo por ir a ver Klimt …Encántame esta foto del co seu michiño…