Así veía Arcimboldo o inverno…

Para min o inverno é ver unha boa película un domingo pola tarde tapadiña cunha manta mentres fóra os chuvia peta nos cristais.

Para min o inverno é ver o reflexo das farolas nas rúas molladas de Compostela.

Para min o inverno é introspección, pero tamén o anticipo da primavera…unha promesa do que chegará…

Benvidos ao inverno!!!

Benvidos a un novo ano que comeza!!!

Ben, a rede é o que ten..as cousas teñen que ser inmediatas, senón…ten sentido agora que fale eu aquí de Prisiciliano case dúas semanas despois??? En fin supoño que falar de Prisiciliano en Galiza debe de ter sentido case sempre.

Achegueime ao Simposio, que durou dous días e medio, para xustificar que por algunha parte da casa teño un papeliño no que di que estudiei Historia, e que algo deben interesarme eses temas…Aínda que cada vez estou máis convencida que debera ter estudado Arte. Bueno en resumo… será que teño ganas de coller os libros outra vez, pero esta vez por puro placer…

A idea que tiña deste profeta contra o poder, como o denomina Xosé Chao Rego, era máis ben escasa, e non pasaba de catro historias anecdóticas e uns pouquiños datos buscados para facer un destaquiño no chollo, e que xa puxen no post anterior. Debo decir que na carreira…’ni esta boca es mía’ respecto do pobre de Prisciliano.

Que trouxen de alí…o mellor! A necesidade de saber máis, e como non atopo nas librarías o de Xosé Chao-Prisciliano, profeta contra o poder-, pois merquei Prisciliano a través del tiempo. Historia de los Estudios sobre el Priscilianismo de Andrés Olivares Guillem, e ando a ler nel . Supoño que con sorte rematereino antes do II Simposio Prisciliano, xa que ao ‘ritmiño’ que leo non dá para moito a cousa.

Tratouse a figura de Prisiciliano dende moitas perspectivas, pero non só se falou do personaxe, senón tamén do seu contorno, da Gallaecia do momento no que este viviu, da súa importancia como base do movemento cultural e literario naquel momento, falouse de Exeria-mirade esto: ‘que hay de todo en la viña del señor’- e de Paulo Orosio; da recuperación da figura do ‘herexe’-termo rexeitado por Xosé Chao para referirse a Prisciliano- polos membros da Xeración Nós como símbolo necesario da nosa identidade histórica e cultural…

Todos os que alí falaron coincidiron en que Prisciliano no seu momento non foi condenado por ir en contra da doutrina, senón polas prácticas que defendía: o ascetismo, a igualdade da muller na liturxia, o rexeitamento da escravitude…en fin, por estar en contra de moito do que implicaba o xeito de vivir do Imperio Romano…un Imperio en crise.

Obviamente isto é unha simplificación pouco digna de todo o que se falou alí, pero podería escribir ata a madrugada, e non é plan. Isto é o que hai…polo momento.