Algunha vez teño falado por aquí dunha listaxe de pintores favoritos, que xa non lembro se completei…E agora mesmo sería un pouco complexo buscar en ano e medio de posts para recuperalos, pero tendo en contas as veces que puxen cadros deles podería nomear a Vermeer, Klimt, Magritte, Arcimboldo ou Hopper, sen ir máis lonxe no post anterior - penso que é o pintor que do que máis cadros empreguei neste blog, xa que expresa moi ben os estados de ánimo, ou o estado de ánimo que produce a soidade, para ser exactos - , a quen penso que nunca nomeei , e da que gosto moito, é a pintora polaca Tamara de Lempicka.
En datas moi próximas a Fundación Caixa Galicia traerá parte da súa obra á sede de Vigo.
Así era ela…

Así veía ela a primavera…

Primavera, 1928
Óleo sobre madeira, 40×33 cm
Colección privada
Abril 16th, 2007 at 1:58 am
Ola! un blog realmente interesante e orixinal.Visitareiche de novo.
Saúdos ;0)
Robert
Abril 16th, 2007 at 10:22 am
Haberá que ir ver esa exposición!
Aínda que non postee nin comente últimamente (seguro que por razóns semellantes ás que puñas no post anterior a este), sigo ahí, e sei que prontiño nos veremos porque teño boas novas á vista e espero compartilas pronto contigo.
Unha aperta enooorme e ánimo ruliña, que o sol alumea nesta nova etapa.
Abril 17th, 2007 at 3:31 pm
Igual para vós. A primavera vén quentiña e sempre prestan unhas cañas e unha boa conversa.
Bicos para os dous.
Abril 19th, 2007 at 1:18 am
magoa estar tan lonxe, pero para compensar vou buscar mais na rede sobre ela. Graciñas!!!!
Abril 19th, 2007 at 8:49 am
Ola Torre! A verdade é que a min me fai moita ilusión esta exposición. Caixa Galicia traerán tamén nos vindeiros meses unha expo do fotógrafo Manta Ray eque tamén agardo con impaciencia.
Se queres saber máis de Tamara de Lempicka na rede atoparás, iso seguro, pero a editorial Taschen, dentro das súas monografías sobre pintores ten un libro dedicado a ela, con unhas execelentes ilustracións, como sempre nestes monográficos e uns textos que axudan a achegarse de xeito moi ameno á súa figura.
Agora mesmo teño posta a radio galega e acaban de decir que é ‘fascinante’ a expo…
Moitos bicos para os tres…
Abril 25th, 2007 at 6:40 pm
Esta é a primeira vez que comento, pero non a primeira que veño a Delft:) Non da a sensación de que a obra de Tamara é profundamente feminista? Aínda que outras facetas da súa vida e do seu pensamento non sexan tanto do meu agrado, para min ten este punto co que si me sinto identificada. Un bico dende o outro lado do espello.
P.D: encantada de coñecerte na blogoesmorga, aínda que fose fugazmente:)
Abril 29th, 2007 at 2:45 pm
Gracias Raíña! Agardo coñecernos millor na vindeira blogoesmorga, xa que a pasada para min foi máis ben esmorguiña!
Apertas…
Abril 29th, 2007 at 2:56 pm
Obviamente quería decir o fotógrafo Man Ray en vez de Manta Ray, desculpas polo pedazo gazapo!