Así son eu…Mais a que vén este descubrir os meus defectos sen pudor algún…

A semana pasada saíndo de paseo pola noite con algunhas amigas, estabamos a falar de xoias, pendentes, complementos e esas cousas, e eu dixen que eu era unha perdularia. Sempre ando a perder os pendentes, desde nena, ou non sei onde os deixo cando mos quito, e aparecen meses despois nos lugares máis insospeitados. Entón botaron a rir dicindo que nunca escoitaran esa palabra, pola contra, na miña casa díxose sempre.

Un pouquiño máis tarde e a horas algo máis intempestivas falabamos de sair de festa e bailar – mentres o faciamos – eu dixen que sempre fora unha canfurneira, aínda que agora teño menos folgos, e todas botaron a rir, preguntando que qué era iso de canfurneira…Só unha rapaza o sabía tamén, e por que, pois porque coma min era de Ferrol.

Isto non é para pedir as cinco palabras máis ‘autóctonas’ que saibades, pero non está de máis que todos nos enriquezamos mutuamente con palabras, agora que está aí á volta o día do libro…

E a foto…Pois é destas de porque si…De porque chegou a primavera, e porque a imaxe do noso gatiño Merry quentándose na fiestra é unha expresión da ledicia do sol primaveral dando no corpo…

21 Responses to “Perdularia e canfurneira”

  1. homedareia Says:

    cousa curiosa, eu levo un par de días dando voltas a unha area sonora feita de palabras desas de cando cativo, e que calquera día esquecemos por falta de uso… 🙂

  2. Jan Says:

    Pois xa pasarei para escoitalas…Eu estas había ben temp que non as decía, pero abrollaron á mente sen pensalas. Supoño que son cousas moi interiorizadas, seguro que teño algunha máis polos recunchos da mente…

  3. txari Says:

    nom será que as inventan ou re-inventan as verbas isas?

  4. torredebabel Says:

    quen me dera unha sesta igual igual á que toma Merry!!!

  5. bouzafria Says:

    Encántame un espazo das quimbambas: As dirindainas, onde hai que adiviñar o significado de verbas ou frases feitas pouco coñecidas. Na miña familia utilizamos “miturria”: ter mimos. Non a escoitei nunca por aí fora.

  6. jan Says:

    Ola Torre! Durmir ao sol creo que é un dos grandes praceres da vida, e a Merry aquí se lle nota, cargándose de radiacións para os días máis escuros…

    A que hora caen As dirindainas Bouzafría? Eu escoito ás veces As Quimbambas e non me coincidiu… É moi fermoso tamén ter ese tipo de linguaxe propia, no entorno familiar e de amizade…Cousas que só teñan significado para vós…

  7. jan Says:

    Esquecín no anterior…moitas grazas por compartila Bouzafría!

  8. FraVernero Says:

    Como me gustan os gatos… Se crese na reencarnación, gustaríame ser un, e estar disfrutando así, deitado ao sol quencedor, nas mañás de primavera…

  9. Lúa Neghra Says:

    Hahaha… Síntocheme ben identificada. Cando cheguei a Compostela aos sete anos e me preguntaron cal era o meu prato preferido e contestei con todo o entusiasmo do mundo “As parrochas fritidas!”, os compañeiros de clase botaron a rir. Eu non sabía que ese “ferrolanismo” para lle chamar ás xoubas, que mesmo é un apelativo cariñoso na miña familia, tiña outras connotacións por estas terras… Que lle vou facer, sigo falando de camas rebatibles, saíndo de canfurnada polas noites, apañando careixós aló por xullo, tendo medo de que o gholpe nos coma as pitas, facendo freixós polo entroido (por certo, Jan, sáenme de pinga garzas á túa receita 😉 pasando o brus pola casa e a mellor de todas… Cando saio tirar o lixo, o que vou facer realmente, segundo diría miña abuela, é “botar o polvo”. En fin, sempre terei a lingua bífida, entre o dialecto das Rías Baixas e o ferrolán, que máis ca dialecto é idioma propio. 😉 Que lindo está Merry! Dá gusto velos así agora que chega o bo tempo, son a imaxe mesma da placidez. Unha aperta

  10. Jan Says:

    FraVernero pois eu debín de ser gato noutra vida, porque morro por unha raioliña de sol…Danme envexa cando vexo a Merry e a Pippin tomando o sol no fregadero da cociña, gozando del…E o mellor de todo, sen botar cremas, sen queimarse, e sen que lles queden marcars…he, he, he.

    Ai Lua Neghra como rin agora co das parrochitas, as camas rebatibles e o de ‘botar o polvo’… E falando de gatod, que tal Ghandoi?

  11. Marinha de Allegue Says:

    Perdularia é unha palabra fermosísima, vas ver como se extende o seu uso…

    Beijos minha guapa.
    🙂

  12. bouzafria Says:

    Eu tamén ía botar o polvo. Jan, as dirindainas veñen sendo máis ou menos polas 6. Eu pensaba que miturria era unha verba plenamente galega, pero non atopei quen a coñecera.

  13. mouchobranco@hotmail.com Says:

    fermosa imaxe… alucino coa cara de pracer do gato, todo expresividade, 🙂

  14. O Breogán Says:

    É que parece que non, pero o Merry non é gato que é “persona”.

  15. Asegurándome de non perder » Blog Archive » abril2007 Says:

    […] Aquí sigo enleado cos mobles e co choio e demáis xestións e non teño tempo para postear. Aparte temos o portátil desconectado da interrede e a desconexión é aínda maior. Esta semana que remata quería falar do meu segundo aniversario na rede ( cando empecei sendo Acedre nos EEUU ). Tamén quería falar do día do libro e de trapalladiñas que aprendo no choio e da xente do choio que caza lampreas coa fisga no río Tea de noite e respostar a recados que me mandan blogueiras pero non pode ser. Por non poder ser tampouco pode ser subir unha foto co Leo que fixo os sete meses onte e comeu carne por primeira vez na súa vida e non lle fixo muito tilín pero bueno. Do resto segue progresando e cada día proba un son bucal novo e gústalle que lle canten e lle fagan , como din por Acedre, tiligas ( cóxegas en galego normativo, cóxicas en galego de Arbo ). E así anda o asunto todo. E mañá sairá unha reportaxe en El Progreso de Lugo e pode ser que saia unha foto do Leíño co PaideLeo. Eu non podo ir alá mercalo que mañá é a festa da lamprea en Arbo e toca paparotada. Esta semana que vai entrar seguirei así desconectado e espero normalizar a situación na seguinte semana. Así que pasáio ben e chauciño. […]

  16. tytalyhsfe Says:

    barzellette porn

  17. whwjebwhor Says:

    [url=http://couplewhrcoupl.tripod.com/oozja/asian-lesbians-and-latina.htm]asian lesbians and latina[/url]

  18. nsryzizwdy Says:

    vdeos of naked women for free

  19. rufwlenody Says:

    [url=http://hornyrzsvshard.tripod.com/lahqi/sexy-kidman.htm]sexy kidman[/url]

  20. buhubitabi Says:

    oma pornhost

  21. lczebsjmlq Says:

    [url=http://teennwkmlhorny.tripod.com/zwsld/free-online-sex-role-playing-games.htm]free online sex role playing games[/url]