Ás veces os soños fanse realidade. E estes días teño a sorte de ver un, e de ter ao meu carón a un dos seus autores, ao meu Breogán -Xeógrafo cando comecei este blog, hai por estas datas dous anos - . Tras moita loita, esforzo e demoras, desde onte está nas librarías As Crónicas de Gáidil…
Amra e Breogán traballaron moi duro durante tempo para ver publicado este traballo, un mundo ao que Rivas lle puxo cara e paisaxes ( e moito máis), e que desde agora estará nas mans dos xogadores…Pero as Crónicas de Gáidil teñen o seu espazo, así que a elas vos remito…Gozádeas !!!!!
Leave a Reply