Xa está aquí, xa chega, para a semaniña… Unha nova edición de Cineuropa. Malia que para min representa traballo, desde hai tres anos, ben podo dicir que é un dos traballos que con máis pracer fago, porque é un pracer compartir ese traballo con quen o comparto.
Fun por vez primeira a Cineuropa no ano 92, cando cheguei a estudar a Compostela, unha Filoloxía Alemana, que mudaría por Historia ao ano seguinte. Se ben non adoitaba ir aos filmes cada día, era fiel á maratón: vida de estudante. Agora é á inversa, vou as sesións diarias, pero o meu corpo xa non aguanta o fin de festa da maratón.
Aquí pódese ver un pequeno adianto do que vai ser este ano…

Edward Hopper, 1882 - 1967
First Row Orchestra, (1951) . Óleo sobre lenzo (79.0 x 101.9 cm.)
Había ben tempo que non aparecía Hopper por aquí…
Outubro 29th, 2007 at 11:59 pm
Metres non boten “Hard Candy” eu por min dacordo…
Outubro 30th, 2007 at 11:14 am
Que o pases ben!
Outubro 31st, 2007 at 1:38 pm
Pinta ben este ano.
Pasádeo ben. Eu tentareir de aproveitar para ir a ver algunha película, pero este ano terei que me moderar, que teño que reducir gastos.