Como traballo nesto da documentación, e aspiro algunha vez na miña vida a currar nunha biblioteca - ando a preparar as opos - pois levo bastante tempo subscrita a unha lista de correo/foro para profesionais da Biblioteconomía e a Documentación.
Hoxe mandaron á lista a seguinte nova Prohibido dar el pecho.

Dyptique melun, no Real Museo de Belas Artes de Amberes.
Jean Fouquet. Tours, 1416-1480.
En resumo, unha muller cun pequeno de tres anos e unha nena de peito, veuse na obriga de sair da sala de contacontos na que estaba co seu fillo de tres anos para darlle o peito á súa pequena no medio dun corredor…Impresionante! A explicación que lle deron, sempre en palabras desta muller, foi que os actores do contacontos podían sentirse agredidos pola súa falta de respeto.
É incrible que a estas alturas alguén se escandalice porque unha muller lle dea de mamar ao seu pequeno ou pequena en público. A min o que me gustaría saber é con que ollos mira a xente…
Novembro 1st, 2007 at 1:20 am
Dar o peito en lugares públicos non contravén norma algunha. Non te poden botar de ningures por facelo. É aberrante. E non me podo crer que a uns actores lles poida importar iso.
En todo caso, a expulsión cualifica perfectamente a quen a realiza, e non positivamente.
Novembro 2nd, 2007 at 3:50 pm
É para cagarse no leite que mamaron… (que mamaron en sitios privados, claro)
Novembro 3rd, 2007 at 1:42 am
Ana segue dndo o peito a Leo e nunca tivo problemas en ningures.
A verdade é que non entendo a eses contacontos.
Novembro 3rd, 2007 at 9:42 am
Grazas polos vosos comentarios. Eu máis ben non entendo a quen os botou Paideleo, creo que esa foi a excusa, unha excusa cargada de prexuízos ante o feito natural de alimentar a un neno de peito…
Novembro 5th, 2007 at 2:42 am
16 meses tomou a teta o meu fillo e ainda que antes de que nacera pensaba eu que non ia ser capaz de facer tal, logo diante do teu fillo que chora de fame perdes toda a vergonza inicial e cultural. Os contacontos, se se senten feridos pola lactancia materna, xa podían traballar doutra cousa. É indignante!
Novembro 7th, 2007 at 10:52 pm
Impresionante. Hai pouco, varias mulleres manifestáronse no Museo do Prado polo mesmo: unha muller fora expulsada de alí por cometer o “sacrilexio” de aleitar ao seu pequeno diante da “Maja” (non sei se era a espida ou a vestida :). Claro, podemos vivir arrodeados de reclamos publicitarios, revistas e películas que utilizan os peitos das mulleres como cebo para O consumidOr, pero pola contra aínda hai quen é capaz de ver algo obsceno en que unha muller alimente ao seu fillo. De quen é ese cadro que encabeza o post, Jan? Habería que poñelo no Prado ben posto… Aperta grande!
Novembro 8th, 2007 at 9:46 am
Torre, eu non teño fillos todavía, pero me parece que o feito de darlle o peito a un pequeno ou pequena en público non debería ofender a ninguén…A culpa está nos ollos dos que o queren ver como unha ofensa.
Lúaneghra, é verdade que é unha vergonza vivir arrodeados como vivimos dunha publicidade na que se cousifica o corpo da muller, e despois ofende ver o peito dunha muller dándolle de comer a un neno…O mundo ao revés. Por certo xa lle puxen a referencia ao cadro 8unha vergonza que se me esquecese :(. Sempre me gustou moito este cadro, debe de ser que era a portada dun libro de arte universal que había na casa dos meus pais e me quedou gravado na mente, foi no primeiro no que pensei cando escribín este post…