
Novembro, Compostela, Cineuropa…para min é un dos tríos máis interesantes do ano… Nunca vou tanto como quixera, obviamente o feito de non ser estudante dificulta un pouco o tema.
Polo momento fun ver catro, e isto está a piques de rematar, así que esta semana que entra terei que darlle duro para chegar a gastar o bono.
Case sempre que vou escoito a alguén protestando, e non hai nada que máis rabia me dea…Entendo que este festival, mostra ou como queiran chamarlle ten moito que mellorar, pero tamén que é unha oportunidade única para ver un cine que non podes ver o resto do ano. Creo que hai xente que non se decata de que Compostela non é Madrid o Barcelona, e que os lugares para proxectar están bastante limitados. Crítica, si…pero construtiva, por favor…Que aquí o deporte nacional e tirar por terra o traballo dos demais.
Fun ver polo momento: Michael Clayton, Irina Palm, A vida interior de Martin Frost e A moza cortada en dúas.
Imaxino que haberá por aí quen as comente moito millor ca min, eu só aspiro a dar a miña opinión persoal.
Destas catro para min a mellor sen dúbida foi Irina Palm: crúa, tenra e con final feliz, que nos días que corren hoxe é algo estraño, de verdade que xa estou un pouco cansa de películas que acaban mal…Este filme coproducido por cinco países, dirixido polo alemán Sam Gabarski, e protagonizado por Marianne Faithfull e Miki Manojlovic, a historia dunha loitadora que polos medios máis insospeitados acaba atopando algo que non buscaba, a súa liberdade: non ten perda unha das escenas contra o final do filme, no que está tomando o té coas amigas, falándolles do seu novo traballo…

Michael Clayton, pareceume entretido, un thriller ‘ecoloxista’ ben coidado, feito con cartos abondos como para que estivese ben coidado, e cuns excelentes protagonistas: un cada día máis estupendo – en todos os sentidos – George Clooney, Tom Wilkinson, Tilda Swinton e Sidney Pollack.
A vida interior de Martin Frost de Paul Auster – da que son incondicional – resultoume tremendamente decepcionante…En todos os seus aspectos, ata David Thewlis resultaba de todo incríbel, parecía que os actores paseaban pola pantalla sen ter moi claro o que desexaban facer… Un guión pouco enfiado, un final feito como a correr, unhas insercións de imaxes que non viñan moi a conto, en fin, non sei…Se alguén máis a veu e me pode dar a súa opinión, e que me deixou certamente desconcertada…
A última polo momento, que non a derraira – xa que en vinte minutiños saio a ver a de Ken Loach – foi A m oza cortada en dúas de Claude Chabrol, pareceume espectacular, tremendamente divertida e diferente: unha dura crítica á burguesía decadente e intelectualoide francesa . Non controlo moito de cinema francés, así que case todos os actores do filme eran descoñecidos para min, con todo, quen máis me gustou do filme con diferencia foi Benoît Magimel que daba vida ao diletante Paul, o rico herdeiro co que casa a protagonista desta traxicomedia…

E isto é todo…polo momento.
novembro 27th, 2007 at 12:05 am
Graciñas polo agasallo. Chegoume ao corazón.
novembro 28th, 2007 at 9:33 am
Paideleo: Grazas a ti polo apoio,agarimo e interese que sempre mostraches. Un bico.
novembro 28th, 2007 at 11:09 pm
A de Irina quedei con ganas de vela, e a que non ten desperdicio é a de It’s a free world de Loach.
Bicos!
decembro 1st, 2007 at 10:36 pm
Unha pena o do Martin Frost, non a vin pero polo que levo lido quedouse algo escasa para o que podía ser. Este ano non puiden ir a Cineuropa e tomo nota das críticas que fas.
E falando doutra cousa
únome ao sentir de Acedre, sodes uns soles. Moitos bicos Jan e moitas gracias.
xaneiro 1st, 2008 at 10:50 pm
Moitos beixos e un feliz 2008 da familia pelacha.
xaneiro 17th, 2009 at 8:11 pm
[url=http://girlslyqzgirls.tripod.com/yrovw/lawsuit-sexual-games.htm]lawsuit sexual games[/url]
xaneiro 17th, 2009 at 8:11 pm
gallery gay hardcore military sex
xaneiro 17th, 2009 at 8:19 pm
tamara ohara miss nude usa
xaneiro 17th, 2009 at 8:19 pm
[url=http://sweetrlqducoup.tripod.com/boees/free-nude-small-penious-galleries.htm]free nude small penious galleries[/url]
xaneiro 17th, 2009 at 8:20 pm
card e easter sexual
xaneiro 17th, 2009 at 9:33 pm
henti porn games
xaneiro 17th, 2009 at 9:33 pm
[url=http://womanecjfxteen.tripod.com/qbtqa/woman-looking-for-sex-in-wisconsin.htm]woman looking for sex in wisconsin[/url]