Chega o entroido para romper a monotonía dos últimos días, sen moito que contar…Da casa ao traballo, do traballo a casa e de casa á biblioteca -os días que conseguín ir e non me venceu o cansancio ou a dor de costas -.

Xa hai data para as opos, o 15 de marzo ás 12 da mañá na Facultade de Económicas de Santiago de Compostela, así que estes días, coa bendita ponte do luns, son os últimos que teño par disfrutar de algo de festa…

Voume disfrazar, despois de 8 anos, senón calculo mal. Sempre gostei moito das entroidadas, pero desde que cheguei a Compostela, por unhas cousas ou por outras non o fixera aínda…Agardo que este sexa o comezo dunha nova tradición…e non ter perdidas as mañas.

Feliz entroido a todos vós, e feliz enchenta de lacón e filloas (ou freixós como se di na miña terra)!!!

4 Responses to “Entroidadas…”

  1. paideleo Says:

    Pois que desfrutes. Eu a ver se me disfrazo co Leo.

  2. torredebabel Says:

    pois aqui, tristemente, non se estila. Que estamos no verán e morreriamos cun disfrace. Con todo, podo gozar con entroido dalá: non esquezas as fotos!!!!!!! Bicos moitos!

  3. Lúa Neghra Says:

    Un ano máis fixen freixós coa túa receita ;) Feliz entroido e moi boa sorte nas opos!

  4. Jan Says:

    Paideleo: Hai que ver que guapos estabades cos vosos disfraces!!! É lóxico que o Leíño se asustase non? Son moitas emocións e moitas novidades concentradas.

    Torre: Hei de colgar as fotos en breve…Dá gloria vernos, je, je!!!

    Lúa Neghra: Que envexa os freixós, eu aínda non os fixen este ano, a ver se esta semana me poño con eles aínda que xa pasara o entroido.

Leave a Reply

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image