O entroido pasou hai ben tempo e a Semana Santa está agardando en calquera recanto. As beirarrúas encheranse da cera dos lumes consumidos que permancerán durante semanas, e os devotos vestirán unhas roupas ben diferentes das do entroido…Para todos os gustos ten que haber.
A Semana Santa chega xusto despois dunha significativa data…o 15 de marzo, no que liberareime dunhas oposicións, para meterme noutras, esta vez para funcionaria xunteira de bibliotecas. Unha carreiriña de fondo que hai que tomar a modo, xa que neste sector son procesos bastante longos.
Estas semanas están sendo bastante calmas, da casa ao chollo, do chollo a casa, da casa á biblioteca e pouco máis. Afortunadamente xa non volvo a Academia, xa conto con todo o temario e o ambiente das oposicións resúltame…non sei como explicalo….alleo.
Nos interludios de lecer conseguín ir algo ao cinema, a ver No country for old men e o último traballo de dos meu ídolos – se é que teño diso - : Sweeney Todd: The Demon Barber of Fleet Street.
Da primeira que dicir, que malia gustarme moito Bardem – sempre me gustou – o filme deixoume totalmente indiferente. Bardem tenme gostado máis noutros filmes, sen ir máis lonxe no que lle proporcionou a súa anterior candidatura aos Oscar – Before night falls – e dos Coen me parecen incomparablemente máis boas Miller’s Crossing (Morte entre as flores) ou a divertidísima The Big Lebowski.
Sweeney Todd…Xenial!!!! Tim Burton e Johnny Depp, unha das mesturas máis orixinais e creativas do cinema actual. Non seái por que me atraen tanto estes dous individuos, pero teño debilidade por eles, e sei que calquera cousa que fagan xuntos será diferente, como estar nunha realidade paralela -aínda que sexa terrorífica-, síntome arrodeada totalmente polo seu espírito…e non quero sair de aí. Agora mesmo, mentres escribo estas palabras vivo nun pesadelo Elfmaniano…

Pois iso, que Sweeney Todd pareceume fabulosa, como unha peli da Hammer. Sempre lembrarei aquel ciclo que botaran na 2 de TVE cando eu tiña 15 anos…A cor do sangue é igual que a deses filmes – un vermello que fire os ollos - , as maquillaxes, a sobreactuación dos actores, o desasosego… e Johnny Depp cantando, demostrando que é capaz de facer o que lle boten. Tamén están espectaculares Alan Rickman e Timothy Spall, o Peter Petegrew de Harry Potter.
Na próxima visita que fagamos a Londres, xa teremos un sitio máis que visitar: Fleet Street!
A piques está de rematar o día no que fixen 35 anos…teño que soprar as candeas para decir que xa pasaron por min!!!!!
Febreiro 27th, 2008 at 1:37 am
parabens!
Febreiro 28th, 2008 at 1:37 am
P A R A B E N S!!!
Unha aperta.

Febreiro 28th, 2008 at 1:40 am
35 anos ?. Ti achantaches algúns deses anos porque non os aparentas.
En canto ás películas, non creo que mire a de Javier Bardem que non me chama. A outra si que me gustan as películas de Johnny Depp.
Eu pasei unha vez por Fleet St. e non me chamou muito a atención; supoño que tería que abrir máis os ollos.
Un saúdo.
Febreiro 29th, 2008 at 9:59 am
Grazas aos tres polos desexos, e moitas grazas Paideleo por facerme máis nova, je, je…A estas alturas xa comeza a facer ilusión….
Marzo 5th, 2008 at 11:36 am
Con moito atraso, pero felicidades!
Marzo 6th, 2008 at 11:04 pm
chego tarde, pero desta vez non son os 12.000 quilómetros senon o moito traballo que non me deixa tempo para os amigos. P A R A B E N S!!! agora temos a mesma idade so que ti -como di paideleo- es mais nova
Marzo 15th, 2008 at 10:28 am
Parabéns aínda con máis demora que os demais e espero que neste día chuvioso a sorte a acompañe.
Marzo 16th, 2008 at 11:42 pm
Moitas grazas a todos e todas polos vosos bos desexos!
Apretas
Marzo 17th, 2008 at 11:07 am
Aínda máis tarde, aínda máis parabéns. Estou co pai do Leo pequeno en que non os aparenta.
Bicos
Que tal foron esas opos?
Marzo 17th, 2008 at 4:41 pm
Boas Emereci! Grazas polo piropo e polo interese!!! En canto ás opos, pois non as pasei…É a primeira vez, así que haberá que coller folgos para as seguintes que xa están aí dentro de pouco…