Soños de Delft http://sonhosdedelft.blogaliza.org Despois de ver nun museo da Haia unha Vista de Delft souben que vira o cadro máis fermoso do mundo ('A prisioneira' de Marcel Proust) Dom, 25 Mai 2008 20:12:03 +0000 gl-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=4.7 Hai tempos… http://sonhosdedelft.blogaliza.org/2008/05/25/hai-tempos/ http://sonhosdedelft.blogaliza.org/2008/05/25/hai-tempos/#comments Sun, 25 May 2008 20:12:03 +0000 http://sonhosdedelft.blogaliza.org/2008/05/25/hai-tempos/ …e nestes últimos non estou moi soñadora…

Desperto, non sei por canto tempo…

Ata entón, grazas, bicos e apretas…

]]>
http://sonhosdedelft.blogaliza.org/2008/05/25/hai-tempos/feed/ 13
De amicitia http://sonhosdedelft.blogaliza.org/2008/04/20/de-amicitia/ http://sonhosdedelft.blogaliza.org/2008/04/20/de-amicitia/#comments Sun, 20 Apr 2008 17:21:20 +0000 http://sonhosdedelft.blogaliza.org/2008/04/20/de-amicitia/ Fides, constantia et suavitas son algúns dos ingredientes fundamentais da amizade, segundo Cicerón (simplificando moito, claro).

Fides: como a confianza depositada no outro…

Constantia: como firmeza na busca da virtude…

Suavitas: afabilidade e dozura no comportamento…

Hai catro días naceu unha pequena amizade, filla de dúas algo máis grandes…

Seica este post ten algunha semellanza, inevitable con este outro, é o bo de ter emocións compartidas… digo eu!

]]>
http://sonhosdedelft.blogaliza.org/2008/04/20/de-amicitia/feed/ 6
De viaxes e Arnolfinis http://sonhosdedelft.blogaliza.org/2008/03/30/de-viaxes-e-arnolfinis/ http://sonhosdedelft.blogaliza.org/2008/03/30/de-viaxes-e-arnolfinis/#comments Sun, 30 Mar 2008 13:45:44 +0000 http://sonhosdedelft.blogaliza.org/2008/03/30/de-viaxes-e-arnolfinis/ Máis dun mes sen pasar por aquí…Buff! Non sei por onde comezar…

Onte chegamos de London a Compostela tras unha estancia de tres días, pasamos por Fleet Street tal e como comentaba no post anterior, pero non hai rastro do barbeiro diabólico, aínda que si dalgunha barber shop.

Desta vez, que xa é a terceira, a idea era a de pasear, tomar pintas onde nos prestara, revisitar os sitios preferidos da cidade e ver algo novo, ademais de visitar a dous amigos, que nunca están na cidade cando viaxamos no mes de agosto…E todo cumpriuse.

Os que por aquí pasades xa sabedes da miña paixón por esta cidade, e a viaxe nesta ocasión era especial, xa que foi realizada durante os días de permiso con motivo do noso casamento, que aconteceu o 15 de marzo en Compostela (como din na prensa rosa, na máis estrita intimidade), só estabamos os futuros esposos e os padriños, e os fillos do padriño, que non tiña con quen deixar aos pequenos esa mañá… E despois da voda, ás 10 da mañá, ás oposicións ás 12 – que por certo non pasei – e despois tarde de xantar e de cañas e conversa coa madriña…As comunicacións ás familias chegarían ao día seguinte, que quedaron algo decepcionadas xa que o que realmente agardaban era outra cousa

Como ía contando a viaxe á London foi tal e como agardabamos, aínda que moi pasada por auga e cun frío do demo…Unha das cousas que máis me sorprendeu da viaxe, foi o pouco frío que teñen as inglesas, que andan a 3 grados polas rúa, con sandalias, minisaia e sen medias!!!! Incrible, eu non levaba a manta da cama porque non podía…e elas como di a miña nai ‘a cuerpito gentil’…Despois me diría S., ferrolana e británica de adopción, que as únicas que andan con roupa de abrigo no inverno son as españolas, italianas e sudamericanas…e as galegas, of course.

Desta vez, o tempo non invitaba a comer na rúa, e os xantares os fixemos de pubs (Friend at Hand -cerca de Russel Square-, Shakespeare’s Head – Carnaby -) e as ceas no hotel, coa comidiña mercada no Tesco de Trafalgar Square. Descubrimos grazas a S. e T. un par de sitios fenomenais e moi ben de prezo para xantar na cidade, e moi recomedábeis, Wagamama (é unha cadea, ceamos no de Covent Garden) e Nando’s (hai 27, nós xantamos no do South Wark).

Visitamos de novo Trafalgar, o British, a National Gallery, onde descubrín un pintor para engadir á miña lista de favoritos, do que aínda teño que investigar algo e do que vimos este cadro, e a Tate Modern, onde había unha interesante exposición do surrealismo e onde estaba o segundo cadro de Klimt que puiden ver na miña vida: Portrait of Hermine Gallia.

Visitamos a Torre de Londres por vez primeira, e aínda que é moi cara a entrada, a visita vale a pena, arredor de catro horas dentro do lugar vendo aos enormes ravens alimentados polos beefeaters e coñecendo un pouco o que aconteceu dentro destes muros. Os beefeaters guiábanche pola Torre contando as historias máis sanguinolentas, mais o meu inglés é moi limitado e o Breogán tiña que estar a traducir a meirande parte da parrafada, co cal decidimos ir pola nosa conta seguindo a guía mercada na tenda da Torre.

Mais se houbo algo do que realmente gostei nesta visita foi coa descuberta, camiño da Tate o derradeiro día do Borough Market (South Wark)…Impresionante, un mercado de comida, cuns postos impresionantes, con alimentos comúns, pero con outros moi exóticos, é unha visita moi recomendábel…iso si, ide con fame para probar de todo, eu acababa de meterme ao corpo un full english breakfast no hotel, moi, moi pequeniño pero recomendábel por xeitoso e céntrico – ao lado mesmo da estación de King Cross, e non era quen de probar nin un petisco…

Falando de mercados, tamén fomos a Portobello, Notting Hill é precioso, pero como mercadiño de roupa gustounos bastante máis Candem, ademais a mañá que visitamos o mercado foi pasada por auga e non prestaba moito pararse a ver os postos…

Seguiría falando días e días, dunha viaxe que só durou catro, pero non vos quero cansar, seguro que atoparei calquera excusa para contar máis cousas noutro momento…

]]>
http://sonhosdedelft.blogaliza.org/2008/03/30/de-viaxes-e-arnolfinis/feed/ 15
Fobias, filias e un ano máis http://sonhosdedelft.blogaliza.org/2008/02/26/fobias-filias-e-un-ano-mais/ http://sonhosdedelft.blogaliza.org/2008/02/26/fobias-filias-e-un-ano-mais/#comments Tue, 26 Feb 2008 21:08:40 +0000 http://sonhosdedelft.blogaliza.org/2008/02/26/fobias-filias-e-un-ano-mais/ O entroido pasou hai ben tempo e a Semana Santa está agardando en calquera recanto. As beirarrúas encheranse da cera dos lumes consumidos que permancerán durante semanas, e os devotos vestirán unhas roupas ben diferentes das do entroido…Para todos os gustos ten que haber.

A Semana Santa chega xusto despois dunha significativa data…o 15 de marzo, no que liberareime dunhas oposicións, para meterme noutras, esta vez para funcionaria xunteira de bibliotecas. Unha carreiriña de fondo que hai que tomar a modo, xa que neste sector son procesos bastante longos.

Estas semanas están sendo bastante calmas, da casa ao chollo, do chollo a casa, da casa á biblioteca e pouco máis. Afortunadamente xa non volvo a Academia, xa conto con todo o temario e o ambiente das oposicións resúltame…non sei como explicalo….alleo.

Nos interludios de lecer conseguín ir algo ao cinema, a ver No country for old men e o último traballo de dos meu ídolos – se é que teño diso – : Sweeney Todd: The Demon Barber of Fleet Street.

Da primeira que dicir, que malia gustarme moito Bardem – sempre me gustou – o filme deixoume totalmente indiferente. Bardem tenme gostado máis noutros filmes, sen ir máis lonxe no que lle proporcionou a súa anterior candidatura aos Oscar – Before night falls – e dos Coen me parecen incomparablemente máis boas Miller’s Crossing (Morte entre as flores) ou a divertidísima The Big Lebowski.

Sweeney Todd…Xenial!!!! Tim Burton e Johnny Depp, unha das mesturas máis orixinais e creativas do cinema actual. Non seái por que me atraen tanto estes dous individuos, pero teño debilidade por eles, e sei que calquera cousa que fagan xuntos será diferente, como estar nunha realidade paralela -aínda que sexa terrorífica-, síntome arrodeada totalmente polo seu espírito…e non quero sair de aí. Agora mesmo, mentres escribo estas palabras vivo nun pesadelo Elfmaniano…

Pois iso, que Sweeney Todd pareceume fabulosa, como unha peli da Hammer. Sempre lembrarei aquel ciclo que botaran na 2 de TVE cando eu tiña 15 anos…A cor do sangue é igual que a deses filmes – un vermello que fire os ollos – , as maquillaxes, a sobreactuación dos actores, o desasosego… e Johnny Depp cantando, demostrando que é capaz de facer o que lle boten. Tamén están espectaculares Alan Rickman e Timothy Spall, o Peter Petegrew de Harry Potter.

Na próxima visita que fagamos a Londres, xa teremos un sitio máis que visitar: Fleet Street!

A piques está de rematar o día no que fixen 35 anos…teño que soprar as candeas para decir que xa pasaron por min!!!!!

]]>
http://sonhosdedelft.blogaliza.org/2008/02/26/fobias-filias-e-un-ano-mais/feed/ 16
Entroidadas… http://sonhosdedelft.blogaliza.org/2008/02/01/entroidadas/ http://sonhosdedelft.blogaliza.org/2008/02/01/entroidadas/#comments Fri, 01 Feb 2008 07:58:13 +0000 http://sonhosdedelft.blogaliza.org/2008/02/01/entroidadas/ Chega o entroido para romper a monotonía dos últimos días, sen moito que contar…Da casa ao traballo, do traballo a casa e de casa á biblioteca -os días que conseguín ir e non me venceu o cansancio ou a dor de costas -.

Xa hai data para as opos, o 15 de marzo ás 12 da mañá na Facultade de Económicas de Santiago de Compostela, así que estes días, coa bendita ponte do luns, son os últimos que teño par disfrutar de algo de festa…

Voume disfrazar, despois de 8 anos, senón calculo mal. Sempre gostei moito das entroidadas, pero desde que cheguei a Compostela, por unhas cousas ou por outras non o fixera aínda…Agardo que este sexa o comezo dunha nova tradición…e non ter perdidas as mañas.

Feliz entroido a todos vós, e feliz enchenta de lacón e filloas (ou freixós como se di na miña terra)!!!

]]>
http://sonhosdedelft.blogaliza.org/2008/02/01/entroidadas/feed/ 8
Eu tamén estiven alí… http://sonhosdedelft.blogaliza.org/2008/01/22/eu-tamen-estiven-ali/ http://sonhosdedelft.blogaliza.org/2008/01/22/eu-tamen-estiven-ali/#comments Tue, 22 Jan 2008 07:47:08 +0000 http://sonhosdedelft.blogaliza.org/2008/01/22/eu-tamen-estiven-ali/ …e aquí vai a miña testemuña gráfica.

]]>
http://sonhosdedelft.blogaliza.org/2008/01/22/eu-tamen-estiven-ali/feed/ 12
Resurrección / Identidade / Festa http://sonhosdedelft.blogaliza.org/2008/01/18/resurreccion-identidade-festa/ http://sonhosdedelft.blogaliza.org/2008/01/18/resurreccion-identidade-festa/#comments Fri, 18 Jan 2008 08:17:00 +0000 http://sonhosdedelft.blogaliza.org/2008/01/18/resurreccion-identidade-festa/ RESURRECCIÓN…

IDENTIDADE

Identidade igual a…
camiño percorrido ata hoxe
máis parada e reflexión
máis camiño por percorrer

Identidade igual a…
pegadas deixadas no camiño
pegadas deixadas nos demais

Identidade igual a…
camiño
máis
pegadas

FESTA, FESTA…

]]>
http://sonhosdedelft.blogaliza.org/2008/01/18/resurreccion-identidade-festa/feed/ 7
Cine, cine, cine, cine… http://sonhosdedelft.blogaliza.org/2007/11/26/cine-cine-cine-cine/ http://sonhosdedelft.blogaliza.org/2007/11/26/cine-cine-cine-cine/#comments Mon, 26 Nov 2007 20:37:35 +0000 http://sonhosdedelft.blogaliza.org/2007/11/26/cine-cine-cine-cine/
Novembro, Compostela, Cineuropa…para min é un dos tríos máis interesantes do ano… Nunca vou tanto como quixera, obviamente o feito de non ser estudante dificulta un pouco o tema.

Polo momento fun ver catro, e isto está a piques de rematar, así que esta semana que entra terei que darlle duro para chegar a gastar o bono.

Case sempre que vou escoito a alguén protestando, e non hai nada que máis rabia me dea…Entendo que este festival, mostra ou como queiran chamarlle ten moito que mellorar, pero tamén que é unha oportunidade única para ver un cine que non podes ver o resto do ano. Creo que hai xente que non se decata de que Compostela non é Madrid o Barcelona, e que os lugares para proxectar están bastante limitados. Crítica, si…pero construtiva, por favor…Que aquí o deporte nacional e tirar por terra o traballo dos demais.

Fun ver polo momento: Michael Clayton, Irina Palm, A vida interior de Martin Frost e A moza cortada en dúas.

Imaxino que haberá por aí quen as comente moito millor ca min, eu só aspiro a dar a miña opinión persoal.

Destas catro para min a mellor sen dúbida foi Irina Palm: crúa, tenra e con final feliz, que nos días que corren hoxe é algo estraño, de verdade que xa estou un pouco cansa de películas que acaban mal…Este filme coproducido por cinco países, dirixido polo alemán Sam Gabarski, e protagonizado por Marianne Faithfull e Miki Manojlovic, a historia dunha loitadora que polos medios máis insospeitados acaba atopando algo que non buscaba, a súa liberdade: non ten perda unha das escenas contra o final do filme, no que está tomando o té coas amigas, falándolles do seu novo traballo…

Michael Clayton, pareceume entretido, un thriller ‘ecoloxista’ ben coidado, feito con cartos abondos como para que estivese ben coidado, e cuns excelentes protagonistas: un cada día máis estupendo – en todos os sentidos – George Clooney, Tom Wilkinson, Tilda Swinton e Sidney Pollack.

A vida interior de Martin Frost de Paul Auster – da que son incondicional – resultoume tremendamente decepcionante…En todos os seus aspectos, ata David Thewlis resultaba de todo incríbel, parecía que os actores paseaban pola pantalla sen ter moi claro o que desexaban facer… Un guión pouco enfiado, un final feito como a correr, unhas insercións de imaxes que non viñan moi a conto, en fin, non sei…Se alguén máis a veu e me pode dar a súa opinión, e que me deixou certamente desconcertada…

A última polo momento, que non a derraira – xa que en vinte minutiños saio a ver a de Ken Loach – foi A m oza cortada en dúas de Claude Chabrol, pareceume espectacular, tremendamente divertida e diferente: unha dura crítica á burguesía decadente e intelectualoide francesa . Non controlo moito de cinema francés, así que case todos os actores do filme eran descoñecidos para min, con todo, quen máis me gustou do filme con diferencia foi Benoît Magimel que daba vida ao diletante Paul, o rico herdeiro co que casa a protagonista desta traxicomedia…

E isto é todo…polo momento.

]]>
http://sonhosdedelft.blogaliza.org/2007/11/26/cine-cine-cine-cine/feed/ 12
Un máis seis… http://sonhosdedelft.blogaliza.org/2007/11/14/un-mais-seis/ http://sonhosdedelft.blogaliza.org/2007/11/14/un-mais-seis/#comments Wed, 14 Nov 2007 20:17:25 +0000 http://sonhosdedelft.blogaliza.org/2007/11/14/un-mais-seis/ … máis dous que fan por un: son oito en total, non é?
1. Madrugada do 20 ao 21 de xuño do 1999…Desde hai máis de oito anos, moito que celebrar…Xuntos.

Finais do ano 99 nos Concheiros, ou Tal como éramos

2. Gatos: o meu animal adorado. Estar deitada no sofá, agochadiña baixo unha manta con Merry e Pippin é un dos grandes praceres que a vida ten para min, e é tan próximo!!!!!!

Figuriña gatuna exipcia: Museo do Louvre, agosto de 2007

3. Teatro: paixón deixada de lado por actividades máis prosaicas. O tempo pasa, e xa hai moito que non sinto a emoción de pisar unhas táboas – aínda que sexan pequeniñas – . Meu pai, miña nai e miña irmá continúan no tallo; eu agora interpreto, con maior ou menor fortuna, arredor dunha mesa…

Roberto Zucco de Koltés con Bartoleta Teatro

4. Pintura: Non son quen de trazar unha liña con xeito. Non me chega unha vida para coñecer todo o que desexaría dos pintores que amo, para ver os seus cadros, e sinto mágoa dos que nunca verei…É unha fame eterna esta da cor: Vermeer, Klimt, Lempicka, Courbet, Da Vinci, Magritte, Miguel Anxo, Velázquez, Goya, De Hooch, Schiele, Caravaggio, Arcimboldo, HopperVERMEER!

O meu favorito do mundo mundial, o meu Soño de Delft

5. Viaxar…De momento pouco, non todo o que eu quixera cando menos. Lugar ao que volvería polo menos unha vez ao ano: Londres (aí coincido co Breogán).

Vista de London, tomada no 2005

6. San Cristovo en Ferrol: lembranzas, tranquilidade, familia, amigos, verán, sonecadas debaixo dun tilo…

Imaxe de San Cristoviño

7. Ler: novela sobre todo, desde nena, debaixo das mantas con pouca luz, tarde…Agora a pouquiños, polas noites…Neste momento, o último de Harry Potter.

Portada británica do derradeiro da saga

8. Cervexa, e o que a arrodea: amigos e amigas, risas, pinchiños e sair á rúa…

Birriñas nun pafeto do Quartier Latine en París

As listas son inxustas sempre…

]]>
http://sonhosdedelft.blogaliza.org/2007/11/14/un-mais-seis/feed/ 15
Vergonza http://sonhosdedelft.blogaliza.org/2007/11/08/vergonza/ http://sonhosdedelft.blogaliza.org/2007/11/08/vergonza/#comments Thu, 08 Nov 2007 09:03:55 +0000 http://sonhosdedelft.blogaliza.org/2007/11/08/vergonza/ Vergonza

“Tanto el alcalde socialista de Ferrol, Vicente Irisarri, como el PP se felicitaron ayer por la concesión del permiso.”

Vergonza

” Según se indica desde la compañía, con este documento se cierran seis años de trámites administrativos, que confirman «que la terminal cumple todos los requisitos legalmente exigibles», después de que así lo hayan verificado de los técnicos de la Administración central.”

Vergonza

Desde la compañía se subrayó ayer que este último permiso se expide ‘despois de que os técnicos da Administración do Estado teñan verificado que a terminal cumpre todos os requisitos legalmente esixibles’. “

Medo

]]>
http://sonhosdedelft.blogaliza.org/2007/11/08/vergonza/feed/ 9