Saio de traballar, quedo co Xeógrafo para ir ver Hard Candy, un pequeno oasis de lecer antes de tornar ao traballo que me espera a continuación na casa.

Nighthawks aparece na camiseta que Jeff lle regala a Hayley…qué casualidade penso, hoxe o día vai de Hopper!

Ao sair do cine co corpo revolto-maldita tendencia de somatizalo todo- penso no cadro de Hopper, penso en qué ten que ver Nighthawks con Hard Candy. Creo que Hopper é un dos pintores contemporáneos que mellor pintou as soidades, as individuais e as colectivas. Os homes e as mulleres de Hopper están aillados ainda que estean arrodeados de xente, sempre hai un certo aire de estrañación, hai algo oculto, impenetrable, pechado en cada un de nós, en cada un deles. Jeff dille a Hayley que as caras enganan…

Terei que descansar un pouco para reciclar este empacho visual de violencia.

Mais isto non é posible, o PC espera pacientemente mentres o Xeógrafo xa case durme a escasos metros de min. Levo sentada uns minutos cando o aduaneiro me di polo mess que xa está subida na rede Ediciós da Rotonda. Milleiros de parabéns por Todo o que esperamos ler e ver nesta iniciativa de contidos de libre distribución en galego… polo momento eu xa gardei O home inédito na miña máquina.

11 Responses to “Caramelos duros e edicións libres”

  1. Cesare Says:

    🙂

  2. el niño de la guía Says:

    Pinta domingos à tarde

  3. avenoite Says:

    Hard Candy é a película máis rosaliana que vín últimamente. Os nigthhawks en inglés son aves nocturnas que ao ser capturadas emiten son estraños e retorcen a cabeza, como o un dos protagonistas ao ser falsamente castrado. Espero que Ellen Page siga sendo actriz (porque levaba unha caparecha vermella ao final?)

  4. Jan Says:

    É verdade, non o vira dese xeito. pero ata as paisaxes son de domingo…campos, cidades, estradas, tendas baldeiras, casas iluminadas á noite…

    Mozas no tren lendo de camiño á cidade de traballo, noivos despedíndose na entrada da casa, mulleres solitarias en habitacións de hotel…

    Os domingos son verdadeiramente estraños…sempre o pensei así, tal vez sexa un dos motivos polos que goste de Hopper, por pintar unha estrañeza da que nunca souben falar.

  5. Jan Says:

    Eu tamén espero que siga a selo, pareceume fascinante.

    A caparecha vermella…tal vez porque cazou ao lobo?

  6. Tom Fisher Says:

    I have “Nighthawks” hanging on my office wall.

    Hopper and some of Kandinsky’s early paintings are tops in my book!

  7. hcjoburwxy Says:

    hot sexy babes naked

  8. sjqzcfixcl Says:

    [url=http://hornyrzsvshard.tripod.com/tyqsg/nude-college-men.htm]nude college men[/url]

  9. ajcrqzqfsf Says:

    Lose weight

  10. dqjczkhgxa Says:

    [url=http://hotsearch.biz/Anxiety.html]Anxiety[/url]

  11. hitutgpsba Says:

    Pheromone