Hai días que non esperas, que te collen a traizón. Eses días pasan como alleos, como si a que estivera traballando, falando ou chorando fose outra, ou fose moitas, e non recoñezo a ningunha… Son días esquizofrénicos, desesperantes, absurdos como unha ponte rachada no medio dun río…Pensei que caía, pero el recolleume e a ponte cobrou sentido, chegou á outra beira, por fin.

11 Responses to “Pontes”

  1. Indómita Says:

    “Ás veces síntome esgotada, coma se non puidese avanzar un paso máis sen primeiro finar e converterme noutro ente. Eses días morro. Morro coma María para nacer coma Helena, Xulia ou Patricia. Descanso do meu ser na paréntese da actuación perfecta, da reencarnación transitoria, do finximento total e absoluto que nega a esa cativa que son.”
    Hai días… moitos días…

  2. Ian Says:

    «Pensei que caía, pero el recolleume e a ponte cobrou sentido…» Isto é o que verifica que vostede era vostede e non outra, e que el atinou a recollela. Unha anotación arquitectónica final: a ponte sempre ten sentido. O único que non ten sentido é o baleiro que deixa a ponte cando desaparece. O capitalismo vai acabar con vostede as dúas… ou as trescentas que din ser. Repoñan forzas no centro da ponte. Beixos.

  3. avenoite Says:

    Unha ponte é unha aventura, un risco, un reto. Lánzase ao vacío, sobre a corrente inmutable, para alcanzar novas terras, novos horizontes. Hainas seguras, inestables,curtas ou longas. Sen pontes ficaríamos inertes na illa da nosa existencia umbilical. Para os que sabemos que non podemos senón avanzar,as pontes, son, ao final, o único camiño.

    A partir de hoxe coleccionarei pontes.

    Gracias pola primeira

  4. Jan Says:

    Grazas Ian pola túas-moi acertadas- palabras e pola anotación arquitectónica e polo consolo…grazas.

  5. Jan Says:

    Avenoite, esta é de Hopper, como non podía ser menos. Alédome de ter despertado en vostede ese afán coleccionista, e espero contribuír con novas pontes.–>

  6. xqncbuncjm Says:

    fantasy lanas sex

  7. yxqfsvadiz Says:

    [url=http://hornyrzsvshard.tripod.com/lahqi/sex-sex-and-dont-forget-the-violence.htm]sex sex and dont forget the violence[/url]

  8. ytmzyhurgh Says:

    [url=http://younguvteeny.tripod.com/blxgo/free-online-fucking-movies.htm]free online fucking movies[/url]

  9. gpevwpyxoh Says:

    homemade sex change

  10. vezadwnwdi Says:

    Viagra

  11. nknmlofurq Says:

    [url=http://pharma-search.info/Paxil.html]Paxil[/url]