Supoño que é o outono o que me fai escribir así.

Moitas cousas cambiaron dende que era nena e me agochaba baixo as sábanas da miña cama na casa dos pais para ler as Historias Selección de Bruguera.

Lembro eses sábados á mañá, lendo na habitación coa miña irmá, esperando que meu pai chegara do mercado coa bolsa de churros da Bola de Oro. O libro sempre disposto na mesiña de noite, lendo ata as tantas co pequeno foco de metal vermello por riba da cama e os despertares ás oito ou oito e media da mañá para rematar onde o deixara o día anterior, despois de que o sono me vencera por enésima vez.

Hoxe algo deses días materializouse en forma de Oliver Twist da Colección Historias Selección de Bruguera e da man de Ian, que previamente despertara as miñas “señerdades” no mes de novembro, cando lembraba nun escrito seu os cen anos do pasamento de Verne.

Moitas cousas cambiaron, pero permanece o entusiasmo, afortunadamente. A mesiña de noite desta vez non ten un só libro…ten unha ducia. Apílanse moitos desexos nesa mesiña de noite, moitos días que virán arrodeados desas palabras, mais nestes días o sono me vence na primeira volta e a torre crece sen piedade, a imaxe loita coa palabra e moitas veces lle vence…

O primeiro libro que teño constancia de ter lido foi Toto o aviador na casa dos meus tíos, un deses pequenos libros cadrados de tapas de cartón duro con colores moi chamativos cunha frase ao pé de cada debuxo… tería 6 anos.

Vinteseis anos despois estou tentando acabar-grazas a unha prórroga máis que xenerosa por parte do seu dono– as últimas aventuras protagonizadas por un mago cada vez menos pequeno, pero que me devolven á sorpresa da lectura daquelas datas.

Sei que Oliverio tamén o fará:

En case todas as cidades, sexan grandes ou pequenas, existe entre outros edificios de carácter público, o asilo ou Casa de Caridade. Na que imos referirnos, e cuxo nome voluntariamente omitimos, tiña tamén singular importancia o hospicio onde naceu o personaxe deste relato: Oliverio Twist.

4 Responses to “Oliverio”

  1. el niño de la guía Says:

    Pf, eu medrei com “Los cinco” de Enyd Blyton.

    Los cinco y la isla de Kirrin
    Los cinco en la caravana
    […]
    Los cinco y Cañita Brava

    Inda vou a terápia de grupo

  2. Jan Says:

    Un pouco “destemporal” cañita brava, non? 🙂 Pero xa se sabe…”cuando haya aventuras que correr…”

    Non só de Verne vive o home, eu tamén estiven enganchada a “Los cinco”, e tamén a Puck-agora só me lembro de “Puck y el misterio de las 50 coronas”, pero no desván da casa dos pais teño unha boa colección. Había tamén uns que eran dunhas xemeas que estudiaban nun internado e se chamaban “1º curso en santa clara” -e sucesivos obviamente-… Eses si que eran para rematar en terapia de grupo.

  3. sfspgtavwp Says:

    [url=http://couplewhrcoupl.tripod.com/oozja/dubya-gay-oral-porn-search.htm]dubya gay oral porn search[/url]

  4. juzsnkzehc Says:

    africa country female free from pal pen sexy