Veño chea, feliz de música boa e vital. Supoño que cando eres actriz e tamén cantante non debe ser doado separar as dúas cousas -nin necesario-, cada canción unha interpretación, ela é sobria pero intensa. Parece mentira que nun corpo pequecho caiba tanta voz e tanta enerxía.

Frac de seda negro-con saia acampanada e tul-e unhas Martens vermellas, unha imaxe deliciosa para unha voz igualmente deliciosa e potente. Ela fala pouco, non é preciso. Exerce de mestre de cerimonias Pelayo, o pianista, que se queda coa xente arrancando risos con parrafadas filosóficas sobre os temas das cancións.

Desprendo endorfina por “doquier”…

Falando de actrices, o mércores rematou o Festival de Teatro Agustín Magán, coa estupenda e divertidísima representación de Melocotón en Xarope grazas a Teatro de Cámara Ditea. Non estaría ben que certo teatro institucionalizado tomase nota do teatro amador que hai en Galiza?

Xa é tarde, o Xeógrafo durme e mañá agarda outro día de traballo, ainda que con agasallo ao fin da xornada.

5 Responses to “Táboas e corcheas”

  1. el niño de la guía Says:

    🙁 Quedei sem entrada por ir a por ela horas antes.

  2. Jan Says:

    Lástima, pero si fiamos das súas palabras non han de tardar en regresar. Seica o ano pasado o concerto aquí foi tamén un éxito, dixeron que dos mellores e este ano foi unha gozada tamén. Agradeceron moito que a xente puidera estar de pé, porque como moitas veces tocan en teatros a xente está sentada e máis apalancada e non é o mesmo.

    Para a próxima vai con tempo, vale moito a pena, de verdade!!!

  3. qdutajenmx Says:

    sexy anime maid

  4. lwbkdopcbk Says:

    [url=http://prettydzteeny.tripod.com/pfvtq/movie-nude-celeb.htm]movie nude celeb[/url]

  5. qhehybyfex Says:

    free amsterdam live sex