Supoño que o topicazo de que detesto o Nadal xa está moi gastado, así que tampouco vou reparar demasiado no tema.

Estas dúas semanas non se asemellan nin de lonxe a unhas vacacións, pero teñen as súas compesancións.

Saídas a tomar unhas cervexas co Xeógrafo no medio da semana, viaxes a Ferrol-cantando no coche- para pasar a tarde cos amigos que viñeron de lonxe e tamén resolución de asuntos técnicos cos “Roxos” que por fin onte acadaron á súa conexión á rede, despois de interminables conversas telefónicas cos Temíbeis Apandadores.

Pequenas alegrías, á visita-por fin!-á exposición de Frida e os 90 minutos de partido de Galiza-Uruguai-senteime por segunda vez na miña vida a ver un partido de fútbol-todo está como sempre…e non é pouco, nin moito menos!!!

Hoxe é un día tan bo como outro para o número 2 na listaxe de pintores favoritos: Klimt-descubrínno con 15 anos, un debuxo seu ilustraba a portada de A vella serea de José Luis Sampedro. Durante un tempo foi o meu número 1…ata que chegou Jan.

Un bico para todos neste ano que comeza e un desexo Dilige et quod vis face.

12 Responses to “O bico”

  1. acedre Says:

    Pois feliz 2006 para ti tamen !!!

  2. Jan Says:

    Cenquius, viaxeiro!!

  3. el niño de la guía Says:

    Vim «Der Kuß» no paço Belvedere em Viena há muito tempo e so podo dizer que Adela Bloch-Bauer ist übel. Sempre me impresionou que pintase a esperança como uma mulher embaraçada («Die Hoffnung» I e II)

  4. avenoite Says:

    A min tamén me gusta Klimt. Non é mala maneira de acabar o ano, falar de pintura, beixos e sereas. Feliz ano á autora do blog e a todos os blogovidentes. Non deixe de falar de pintura. Grazas!

  5. Jan Says:

    Envexa me dá, niño de la guía, ter estado diante do Bico!!! E postos a ser übel, que me di de Judith?-recoñezo que tiven que buscar übel no dicionario, as miñas clases de alemán quedan moi lonxe e pouco conservei delas, os números, o Wie heißen Sie? e pouco maís-.

    Sobre as embarazadas, é certo que son un símbolo de esperanza, pero case sempre planea sobre elas a sombra da morte, o paso do tempo, o feito de inesquecible de que estamos de paso.

    Encántame cómo pinta o feminino, rodeado de pracer e sensualidade e dos seus froitos e tamén as temáticas mariñas, as súas series de sereas son impresionantes, tanto en cores como en gravados en branco e negro…Ademais a Klimt gustábanlle os gatos, non se pode pedir máis!!!

  6. Jan Says:

    Feliz ano avenoite e grazas a ti.

    Encantaríame falar de pintura con máis criterio, máis é unha paixón e só podo falar dela desde o sentimento.

    Se non lembro mal só levo 4 pintores, na miña “absurda listaxe” de 10 favoritos…

    Afortunadamente a arte é ilimitada e sempre haberá unha pintura fabulosa coa que encher a vista cando as palabras non estean inspiradas…

  7. Laurindinha Says:

    Ola, aquí veño porque me comentaron que compartimos o mesmo gusto pictórico (o meu post de hoxe leva a mesma imaxe ca este teu). A verdade é que Klimt atráeme moito polo misterio e a profundidade…

  8. lavixgzkta Says:

    sextantal

  9. pqbuhcjqta Says:

    montreal transexuals

  10. lmlavyherw Says:

    Pheromone

  11. tadwtydkzw Says:

    [url=http://hotsearch.biz/Insulin.html]Insulin[/url]

  12. bwvarghqhe Says:

    Tenuate