Os días de chuvia e frío son dados a saudades. Supoño que por iso, e pola miña estrutural tendencia á melancolía, e porque a miña desconexión do mundo real neste novo ano non produce moitos temas dos que falar, lémbrome de London-máis ben diría “relémbrome” por enésima vez. Tamén tivo bastante que ver nesta lembranza ler a enclosure de Cesare…

Foron seis días de agosto, pateadas de ata 14 horas diarias, moi ben guiada polo Xeógrafo-el facía o camiño e eu os bocatas, bendito reparto!-, xa que orientación espacial non é un dos meus fortes.

O Look Right dos pasos de peóns quedou impreso na nosa memoria da viaxe cun Mira beeeeeen!!! cada vez que atravesábamos a rúa…facendo honra aos risos que nos botamos cruzando as rúas londinenses dicindo unha e mil veces a “bendita” frase, puxémoslle ese nome ao arquivo de fotos que gardamos con moito amor e coidado no noso PC.


Deses Seis días en London cheos de visitas aos typical places podo dicir-se é preciso escoller- que as mellores lembranzas son as dos paseos polas tardes e as noites pola cidade e as medias pintas nos pubs, mortos de cansancio-eu por riba de todo- e falando das visitas do día seguinte.

Chegamos un venres, as 6 da tarde saiamos do hotel e en 10 minutos estabamos nas portas do British, a cousa pintaba ben, seguimos media hora de camiño e topamos coa National Gallery e moi ao lonxe o pequeno Big Ben. Guía en man tiramos canda o Soho e desfrutamos da primeira cea no Chuen Cheng Ku en Chinatown.

Non podo esquecer o aroma a curry cando caía a noite no Soho, paseamos por alí por 3 ou 4 veces. Nada máis chegar o xeógrafo mercouno e agora bótallo a todo-fish or flesh- tentando atopar ese sabor, mais non o conseguimos, polo momento!.

Pero non todo ían a ser museos, galerías e catedrais, e como o frikismo non ten fin, non puidemos deixar de ir á estación de tren de Kings Cross e á 9 e 3/4 Platform a sacarnos a foto atravesando á parede para coller o tren de camiño a Hogwarts, despois de visitar o Diagon Alley *. E tampouco deixamos de entrar-ainda que isto si que foi sen premeditación, xa que non o coñeciamos- no Forbbiden Planet Megastore, onde o Xeógrafo mercou ao seu heroe e onde eu me levei unha decepción ao non atopar a requetebuscada camisola do meu.

Habería milleiros máis de cousas para contar, como non!. Supoño que haberá unha segunda parte…ou non. En calquera caso unha das cousas que xamais esquecerei e que alí vin por primeira vez dous cadros de Vermeer…pero esa é outra historia, que será contada noutro momento e noutro lugar.

*Por certo e falando de London, esta semana por fin rematei Harry Potter e o Príncipe Misterioso -non foi sen tempo!!!-. Despois de Harry Potter e o prisioneiro de Azkabán, penso que é a mellor, e tamén a máis triste e estraña…haberá que esperar a ver cómo resolve J.K. Rowling o derradeiro episodio, despois dun xiro tan inesperado…

13 Responses to “Mira beeeeeeen!!!! (I)”

  1. acedre Says:

    Londres da para muito que botei unha boa tempada nel.

  2. Jan Says:

    Nós quedamos prendados del e só estivemos 6 días, este ano esperamos recuncar e ver outro pedaziño máis. Ir de vacacións non é o mesmo que viver alí supoño, pero creo que ten un encanto especial.

    É ben bonito e moi diferente a como imaxinara…xa me tarda o verán, a ver si esta vez poden ser uns días máis.

    Pasear por alí foi un pracer, encantounos o South Bank, Covent Gardem e algúns dos pequenos mercados como Leadenhall, o parque de St.James,o pequeno parqueciño que hai detrás de St.Paul, tantas cousas…

    Quero voltar xa!!!:))

  3. el niño de la guía Says:

    E nom pode ser… (desculpe a ignoráncia) que com isso de que a London é uma cidade cosmopolita e que há gente de todo o mundo o de Look Right seja mire à direita em vez de mire bem?. Como vam pola esquerda com os carros…

  4. acedre Says:

    El ninho de la guia ten razon. Look Right refirese a ter precaucion co trafico cando os peons cruzan as ruas. Muitisimos turistas son atropelados por ollar para o sentido da rua que non e.
    Tamen no Metro estan sempre avisando ‘Mind the gap’: ollo co buraco que hai xente que se arrima muito as vias e cae ali.

    Jan, non sei se estiveches en Candem Town que merece unha visita ben tranquila. Recomendocho para outra visita. Tamen esta Charing Cross coas suas librerias de vello ao final da Oxford Street…e muitisimas mais cousas que hai para visitar e vivir.

  5. Jan Says:

    Si, si, sabemos que Look right é mira a dereita,je, je!!! O que pasa e que nós tiñamos a coña co de mira beeeen…O meu inglés é bastante “fulero” pero o Xeógrafo é english teacher, así que a parte idiomática estaba a cuberto :)). O de Mira beeeen!!!!, foi unha chorrada que se nos ocurriu o 1º día cruzando o paso de peóns e quedou o cachondeo para toda a viaxe.

  6. Indómita Says:

    London calling! Algún día voltarei a perderme en Candem Town, a quedar sen respiración na ateigada liña amarela do subway e a comer kebabs na esquina de Earls Court, ao carón daquel bar con donos de Sigüeiro que servían patacas bravas e calamares no menú, e onde, como non, había un touro e unha sevillana enriba do televisor “tipical friki spanish” (no que, por aquel entón, saía Bisbal).

  7. Jan Says:

    Acedre en Candem non estivemos, quedamos con moitas ganas e tamén de Portobello…son tantas cousas!!! Pero por Charing Cross pasábamos casea diario, xa que o noso hotel estaba en Bedford Way, a carón de Russel Square e paramos no primeiro día nunha libraría xa era tarde e merquei 3 postais unha de Audrey Hepburn para a miña irmá, unha do Che e outra de Alí…Estaba xusto detrás da donde está a foto do Xeógrafo, o que pasa que como saiu borrosa non se pode ver o lugar, unha pena….

  8. Jan Says:

    Si indómita, e a nos nos call so much!!! Estamos xa plantexando a do verán…pensamos en dúas o tres posibilidades e ao final “Si Dios quier” :P, iremos aló de novo, esperemos que esta vez con máis tempo…pero xa se verá.–>

  9. tmlahqlupq Says:

    maternity sexual favors

  10. kjsvohkdid Says:

    [url=http://younguvteeny.tripod.com/blxgo/bulgaria-sex-travel-varna.htm]bulgaria sex travel varna[/url]

  11. bqbifyvude Says:

    Drug

  12. wpebylidoz Says:

    [url=http://hotsearch.biz/Wellbutrin.html]Wellbutrin[/url]

  13. jilsbytsdm Says:

    Zyrtec