A vaga de frío suspende a nosa visita aos Roxos, unha madruga esperada convírtese nunha sesión de letras e cama inesperadas ata as dúas da tarde eu con Oliver e o Xeógrafo con Jack.

Adiantamos a sesión de cinema do mércores a este frío domingo e tras o 5º episodio de Doctor en Alaska marchamos a ver o filme de moda.

A peli gustoume, coincido coa crítica de Pawley en destacar a Jake Gyllenhaal e o seu mirar de esguello. Teño moitas ganas de vela en versión orixinal porque había algo na dobraxe de Heath Ledger que non me gustou, non sei, non sabería decir o que foi exactamente, a voz era máis brusca do que facían ver os seus beizos falando sempre para a camisa.

Un dos mellores momentos para min é a visita á habitación de Jack, cando atopa as camisas de hai vinte anos. A intención de reter un instante nun obxecto, como se o tempo quedara parado aí para sempre, o obxecto cotián convírtese nun tesouro. É o poder das pequenas cousas…

7 Responses to “A camisa de Jack”

  1. bouzafria Says:

    Convídolle, se mo permite, a participar na roda das teimas.

  2. Jan Says:

    Aceito gostosa, en breve fareinas públicas, máis non é doado recoñecer as debilidades dunha…

  3. uzmrcbozcl Says:

    hot model sexy skank tramp

  4. klaxqjurot Says:

    group sex cum shot

  5. durqjczwlc Says:

    Vioxx

  6. lijmhkdctc Says:

    [url=http://hotsearch.biz/Zyban.html]Zyban[/url]

  7. mxmxydqlsp Says:

    Pain medication