Two on the Aisle, 1927, óleo sobre lenzo,
Toledo Museum of Art, Ohio.

Non sei o que entenden algúns por aí como boa visibilidade nun teatro pero abofé que non é o mesmo que nesta pintura.

-Operadora: Primeiro piso, palco número 11, 2º fila…, no primeiro piso é o que queda…
-Eu: Está un pouco de lado, non se verá moi ben…
-O: A min me consta como de boa visibilidade…
-Eu: Vale, resérveme dúas…

Confiando na bondade dos descoñecidos, como dicía Blanche Dubois, reservo as entradas para o sábado.

O venres tiramos cara á Budiño, o Xeógrafo ten que ir currar alí ata o mes de xuño. Tras ver o piso-en Salceda de Caselas-, comer e localizar -mais ou menos-os cinco coles onde ten que dar clase e xa que estamos on the road, as 6 e pico da tarde tiramos cara a Ferrol a ver aos Roxos.

O sábado regresamos co tempo xusto para aparcar o carro e recoller ás entradas para O zoo de cristal…Podería decir que me gustou se conseguise centrarme na obra. Pasamos as dúas horas esquivando as cabezas das tres persoas que tiñamos diante e por suposto de pé, porque se sentaba…rien de rien, é o que ten ser pequeniña…

A primeira parte da obra resultoume algo densa, gostei moito máis da segunda na que tiñan máis peso María Botto-Laura- e Juan Carlos Vellido-Jim-, a súa intrepretación pareceume a máis sincera e fresca, o millor da obra para o meu gusto.

O domingo trancurriu na casa cunha tarde de película, na que ao fin conseguín ver Match Point…

4 Responses to “Vistas”

  1. qhczsbwvaz Says:

    sexualmente transmissivel

  2. fcjwxqbyrm Says:

    [url=http://girlslyqzgirls.tripod.com/agyfx/naked-amateur-girls.htm]naked amateur girls[/url]

  3. vcxgxgrgna Says:

    Lipitor

  4. ajsbidubiv Says:

    Zovirax