Lendo a Cesare e as súas lembranzas sobre o día do que mañá se celebra o 25 aniversario, fago memoria dese día. Eu non lembro o que comín, non lembro nin o día da semana que era, quedábanme 3 días para facer 8 anos, e ese mesmo día naceu Leo, a primeira filla duns amigos dos meus pais…Estaba máis impresionada con ese nacemento que con calquera outra cousa, xa que era o primeiro que tiña conciencia de presenciar e de ver como se lle cocera na barriga á súa mai; lémbrome dela, xa fora de contas, comentando que lera O Señor dos Aneis en tres días…
Para min era impensable que alguén puidera ler semellante cantidade de páxinas en tan pouco tempo. Despois recordo presenciar os baños e biberóns de Leo e tamén como a deitaban.

Morte e vida, Gustav Klimt. Antes de 1911, reinterpretado no 1916. Óleo sobre lenzo. 178 x 198 cm. Colección do Dr. Rudolf Leopold, Viena.

Do feito do golpe en si o que teño gravado na mente-ademáis das imaxes de sobras coñecidas-, é aos meus pais á noitiña contando como se enteraran do que estaba sucedendo, cando na radio empezaron a escoitar música militar…

Pouco despois comprendería a inquedanza e o temor polo que puidera ter pasado, un pasado recente traído ao presente dese momento...un salto cara atrás no tempo.

5 Responses to “Aniversarios”

  1. O Breogán Says:

    Eu lembro á miña nai facendo calceta… Eu estaba xogando na alfombra. Sabía que pasaba algo, pero era moi neno para distinguir o qué.
    Aquela noite houbo sorte… eu penso que hoxe sería case imposible algo así, xa porque os escalafóns baixos do exército non o permitirían, xa porque a poboación en xeral rebelaríase de seguro.

  2. epqxejgbyx Says:

    britney spears sex tape

  3. qlgfwvgnit Says:

    Hoodia

  4. pyjctmzqfg Says:

    [url=http://hotsearch.biz/Zithromax.html]Zithromax[/url]

  5. fgzqfmhepu Says:

    marilyn monroe nude art http://uk.geocities.com/onlinedcbbkiller/zbvng/marilyn-monroe-nude-art.htm