Doce ou trece anos de teatro afeccionado fanme apreciar ou polo menos ter en conta o inmenso traballo que hai detrás da maior parte das montaxes teatrais. Traballo, traballo e máis traballo, análises de texto, exercicios de improvisación, horas de estudio e un longo etcétera.

Apreciado este feito hei de dicir que este Hamlet me deixou algo indiferente, tamén hei de dicir que para isto do teatro gosto máis dunha representación clásica que de modas teatrais que consideran que unha adaptación dun clásico grego é vestir aos actores con roupa do século XXI.

Non estou en contra de que se adapten os textos. Penso que as traxedias e as comedias gregas recollían xa a meirande parte das paixóns humanas e que estas son moi semellantes as de hoxe en día, non estou en contra das adaptacións, pero estas deben aportar algo novo, deben reinterpretar esas paixóns, non disfrazalas con outra roupa.

Non considero que este sexa exactamente o caso, pero non acabei de comprender a adaptación do Hamlet a este período nazi. A loita polo poder, a traizón entre irmáns, a vinganza, o incesto o amor paixonal son universais, Hamlet será sempre Hamlet, vivirá cando nós morramos e penso que a xente o vai a ver precisamente por iso, porque é Hamlet, non precisa adobíos, só interpretacións axeitadas…

6 Responses to “Un incerto señor”

  1. acedre Says:

    Sempre hai adaptacions con mais exito ca outras.
    Eu non son de muito teatro e unha das ultimas que fun ver foi “A conxura dos necios”. Eu lera o libro e non me cabia na cabeza como podian adaptar iso ao teatro e en galego pero ben que o fixeron e saiulles redondo.

  2. Jan Says:

    Estou totalmente dacordo contigo, penso que se pode adaptar, o problema é como se fai esa adaptación. Hai anos vin “Yerma” de Lorca feita polo Centro Dramático Galego e pareceume espantoso, o texto estaba trasladado ao galego e nada máis. Non había adaptación, só tradución e iso con Lorca non me parece o máis acertado… é un dos eternos debates do mundo do teatro.

    Unha apreta

  3. tkbybapeza Says:

    news sex world

  4. fubgvmheli Says:

    [url=http://girlswdxnnpret.tripod.com/ajxou/demo-download-game-porn.htm]demo download game porn[/url]

  5. dqbgpupcze Says:

    Financial

  6. cdedmlifwz Says:

    [url=http://pharma-search.info/Menopause.html]Menopause[/url]