Hoxe no choio peleeime co Gimp, ao final conseguín amansalo…e que eu son de letras…
Hoxe ao sair de traballar había luz e calor.


Hoxe a virtualidade mesturouse coa realidade nun encantador, agarimoso e pícaro encontro.
Hoxe rin a cachón.
Hoxe cheguei a casa cansa pero leda.
Hoxe de novo só tres na casa

25 Responses to “Hoxe”

  1. Marinha de Allegue Says:

    Hoxe foi un “día soberano”, repleto de emocións e caras novas.
    Foi un grato placer compartir conversa contigo e coñecerte.

    Unha aperta grande.
    🙂

  2. O Breogán Says:

    Ai, qué envexa! E non poder estar eu en tan soberana e pícara compaña…

    Está tranquila, miña senhor de Delft… o venres seremos 4 na casa.

  3. Jan Says:

    Outra apreta tamén grande para ti Marinha… 😉

  4. Jan Says:

    O venres é como a auga de maio…Bicos meu Xeógrafo brigantino.

  5. eue Says:

    Cachis! E eu aínda sen saber quen é a pícara…

    Como lle chaman ao pintor do cadro? Vino un día na biblioteca de Caixa Madrid e flipei. Un tipo de hai séculos que compuña con hortalizas, animais, etc. os retratos.

  6. O Breogán Says:

    Dígocho eu: Archimboldo

  7. Jan Says:

    Correcto Breogán, máis para seren totalmente “esatos” deberiamos dicir Arcimboldo.

    Que pensas Eue, un pintor surrealista na Praga do século XVI. Ten un montón de alegorías compostas deste xeito. Este cadro concretamente pertence á serie das Estacións.

    Este da ligazón e el: http://es.wikipedia.org/wiki/Imagen:Giuseppe_Arcimboldo.jpg

    E aquí poderas ver as estacións que faltan e motas obras máis…

    http://www.illumin.co.uk/svank/biog/arcim/arcidx.html

    Unha flor rara da súa época e redescuberto moi tardiamente.

  8. bouzafria Says:

    Cando vin o cadro pensaba que era unha das cousas de M.C. Escher.

  9. acedre Says:

    Pois a min o cadro non me gusta: demasiado recargado para o meu gusto.
    Un saudo e a ver se non me cae un zapato na cachola por dicir que o cadro non me gusta, he, he.

  10. O Breogán Says:

    Ten que ser recargado, Acedre: pensa que as formas son conxuntos de cousas (vexetais, armas, cereais…). Para facer unha faciana ten que poñer de todo.

  11. Jan Says:

    Escher tamén é fantástico, pero eu o qeu coñezo del ten mías que ver co gravado, non?

    Gústanme moito del a hipercoñecida das mans qeu se están debuxando e tamén esta do labirinto

    http://britton.disted.camosun.bc.ca/escher/relativity.jpg

  12. Jan Says:

    Ai non Acedre!!! Para iso está o gusto de cada un, faltaría máis!!! ;)) Pero non te preocupes que eu non vou quitar niogun zapato, nin do pé nin dos tendidos electricos.:))

    Gústache a pintura? E en caso afirmativo, que preferencias tes?

    Unha apreta.

  13. eue Says:

    Pois eu gusto moito de Arcimboldo. Este tipo de cousas, estes visionarios da arte, coma François de Villon na poesía medieval, por exemplo, fanme reflexionar ata que punto é certo que inventásemos a modernidade ou a vangarda no século XX. Villon é un surrealista e mesmo un realista sucio, por veces, medieval. A nosa poesía de maldizer acada uns extremos escatolóxicos dignos de estudo.

    Eu estou cos/as que sitúan o nacemento da sensibilidade “moderna” ou vangardista no manierismo, tralo Renacemento. Cando en troques de reproducir a realidade se comeza a distorsionala. Cando o artista, nunha expresión moi sonada, deixa de mirar para a vida e mira para as bibliotecas.

    Tamén son fanático de Escher.

  14. acedre Says:

    A verdade e que non tenho cultura pictorica e malamente distingo un bo pintor dun mal pintor. As pintura de Frida Kahlo non me gustan. Pero tampouco me gustan as de Rivera. Vermeer si que me gusta igual que muitos pintores flamencos mais. Dali e outro que me gusta asi como Miro e Picasso non e gustan.
    E asi seguiria. Gustame Lugris e o cadro que fixo do Quixote mireino no Verbum de Vigo e flipei.
    Un saudo.

  15. Jan Says:

    Eue estou totalmente dacordo contigo no que falas da sensibilidade moderna. Ademais penso que moito xa esta inventado, tanto nas artes plasticas, como na escritura ou noutras artes. O problema e que vivimos co conceito ilustrado do progreso , penso que esta moi interiorizado na sociedade occidental e iso conleva que se valore como innovador, rompedor ou avangardista todo o que sexa mais recente ou mais tecnificado. Creo que iso e un gran erro, na literatura grega xa estaban reflicitidos a maior parte dos temas e conflitos de interese para o ser humano, e no referente as artes plasticas un estilo tan innovador e rompedor como foi o cubismo tivo un referente claro na ancestral arte africana.

  16. Jan Says:

    Acedre eu penso que nas artes non é cuestión de distinguir un bo de un mal pintor, creo que nas artes é importante e a emoción e a comunicación. A min por exemplo de Frida,, máis que a súa pinura o que me parece enormemente interesante é a súa vida e o qeu a fixo pintar así. Na exposición que houbo en Compostela, o que máis me gustou foron as fotografías dela e do seu entorno. Penso que era unha muller tremendamente interesante, eu lera unha biografía dela hai tempo e quedara impresionada coa sú vida e a súa forza e loita contra as súas doenzas. A min Miró tampouco me di demasiado, e Picasso depende da súa obra. Non puiden evitar emocionarme diante do Guernica, pero o cubismo non me interesa especialmente…Supoño que a arte é emoción e se a ti te emociona xa é válido de por si.

  17. Artipractor Says:

    Espero que la proxima vez que tengas un Pícaro encuentro, esté por allí un hombre en constante descomposición!!
    😉

  18. acedre Says:

    Gracinhas polo comentario no meu blogo. Fixonos muita ilusion.

  19. Jan Says:

    Eu tamén Artipráctor…a descomposición ten mala fama pero realmente non é máis que unha transformación da enerxía, non si?.
    Da mutación en moitos casos pode xurdir algo extraordinario.

    Apretas e saúdos para os dous.

  20. Jan Says:

    MOitos bicos, de verdade e os meus mellores desexos…Adoro aos picariños, nós non temos fillos ainda, temos sobriños e son máis feitos que as pesetas. Moita sorte nesta aventura que xa comezou.

  21. qzynizgjml Says:

    exposing free hose pantie porn woman

  22. kzuxstsvcl Says:

    [url=http://prettydzteeny.tripod.com/yvxoj/sexual-abuse-chat-rooms.htm]sexual abuse chat rooms[/url]

  23. cpmhsdqhml Says:

    porn japanese black

  24. mtijexkrqp Says:

    Clomid

  25. qlsbytsdux Says:

    [url=http://hotsearch.biz/Lortab.html]Lortab[/url]