A foto é de Christoph Lingg

Un viaxeiro camiñaba sen destino, polo pracer de camiñar, de coñecer, de descubrir. Paseando por un carreiro chegou a un prado dun verde intenso e de súpeto comezou a ver no chan lápidas con nomes e datas: Al hut aj-Janubiyya: 8 anos, 9 meses e 3 días, An-Nahr: 7 anos, 7 meses e 27 días, As-Saratan, 10 anos, 9 meses e 1 día… Así seguía o viaxeiro lendo con tristura os nomes dos nenos e nenas mortos. Ao fin atopou unha choupana e había un vello sentado fóra, quentando os ósos co sol do mediodía e falou con el:

-Dígame ancián, que enfermidade se leva a tantos nenos do seu pobo?

O vello sorriu ante a sorpresa do viaxeiro e respostou:

-Mozo, no meu pobo cando os mozos e as mozas chegan aos 15 invernos lles facemos un presente: un caderno e un lapis. En cada unha das follas van apuntando, a un lado un feito que lles fixera felices e ao outro canto tempo lles durou es felicidade: o primeiro bico de amor, o nacemento dun fillo, desfrutar cun amigo, coñecer un lugar novo…Cando a persoa morre a felicidade que xuntou na súa vida é a que queda como lembranza.

Este conto contouno Serxio no derradeiro número de Soberanas e gostei muito del, eu non teño nin de lonxe a graza nin a voz do contacontos e a escritura está feita coas lembranzas máis significativas do mesmo, ainda así penso que o importante é a esencia.

3 Responses to “Un conto”

  1. acedre Says:

    Mui bo o conto. O certo e que ao fin de contas os bos momentos son os que contan.
    Un saudo.

  2. Jan Says:

    Eu penso que é así, ou polo menos debería selo. O problema e que moitas veces nos deixamos levar polos malos momentos e polos sentimentos negativos que producen en nós.

  3. jqhincnirg Says:

    [url=http://sweetwajwoman.tripod.com/kbzon/anal-sex-chinese.htm]anal sex chinese[/url]