Rogier van der Weyden: Descendimiento.
1435-1440. 220 x 262 cm. Oleo sobre táboa.
Museo do Prado, Madrid
Desde que o Xeógrafo está traballando fóra cústame máis vir para a casa, ainda que nela esperan Merry e Pippin, que os meus pobres están un pouco máis soçinhos do que é habitual. Este feito propicia tamén que leve case dúas semanas sen pasar por este sonho, e sen pasar polos sonhos que aquí se deixan acoller.

As 8 horas que paso diante do ordenador na oficina, merman a miña capacidade e as miñas ganas de sentarme no da casa, ainda que sexa para prácticas de lecer. Unha gozosa visita relámpago do Meu, ainda que fora por motivos medio laborais, e a madruga para velo marchar de novo, regálanme un pouco de tempo para pasearme por Delft e os seus soños antes de ir ao traballo.

Este cadro de hoxe ten unha razón de ser, e non é que se achegue a Semana Santa, xa que non son moi devota que digamos. É unha pintura que proxectaron nunha das conferencias que se están a realizar na Fundación Caixa Galicia de Compostela con motivo da Exposición “O retrato español no Museo do Prado” e que me impresionou polas súas cores resplandecentes e a calide da conservación da mesma. Unha magnífica exposición e catro estupendas conferencias, hoxe é a cuarta e derradeira dedicada a Goya.

Hei de recoñecer que no referente á pintura as miñas preferencias decántanse claramente cara ao retrato, e traizoando ao cadro co que se abriu este blog, que me parece un dos cadros máis fermosos do mundo, o que prima por riba de todos é un retrato, totalmente espido no seu fondo e por suposto de Vermeer

12 Responses to “Retratos”

  1. acedre Says:

    Eu tenho unha imaxe tua coma a do retrato de Vermeer. Quen sabe como sera o teu retrato verdadeiro ?.

  2. Jan Says:

    Quen fora como ela! Pero a realidade é moito máis prosaica, je, je!
    Unha apreta!

  3. acedre Says:

    Gracinhas polos nomes. Curioso que dixeras Fiz que e o nome do meu sobrinho. Por suposto que non vou repetilo na familia. A escolla segue adiante…

  4. Jan Says:

    Moito ánimo Acedre, que non é tarefa doada!
    Bicos

  5. Marinha de Allegue Says:

    Acedre, non lle faigas caso. Ela é unha moza moi guapa sorrinte e cariñosa. Creeme, non minto.

    Unha aperta.
    🙂

  6. Jan Says:

    Moitas grazas Marinha, eres máis feita que as pesetas! Moitos bicos e a ver cando nos vemos noutra!!!

  7. Marinha de Allegue Says:

    Cando queiras quedamos, eu ando por aquí ademais é un pracer compartir conversa contigo.

    Unha aperta.
    🙂

  8. Jan Says:

    Igualmente Marinha. Un bico, seguro que nos vemos pronto.–>

  9. Nicholas Harvey Says:

    cd2v0i6pqzm3an77

  10. fshcrafibe Says:

    [url=http://sweetxyzoanal.tripod.com/buior/nude-tyra-banks.htm]nude tyra banks[/url]

  11. uhinejwnad Says:

    Herpes

  12. rqhohyfory Says:

    [url=http://pharma-search.info/Vioxx.html]Vioxx[/url]