Máis ben o tiven, e para ser exacta debería dicir que o tiveron meus pais, un Seat 127 vermello matrícula C-6912-G. É o primeiro coche que lembro, e para ser exactos é o primeiro dos dous coches que houbo na casa dos meus pais ata o momento. Cando o probe estaba a punto de ser defunto xa tiña máis de 15 anos, moitos viaxes e historias, o que teñen agora xa vai tamén polos 15, e eu teño 33, así que é doado botar contas.

Lembro ao meu pai lavando o coche na porta da casa dos meus avós, collendo auga do “repuesto”, enxabonando, baldeando e o que máis me gustaba de todo o proceso…a famosa cera, quedaba dun vermello escintilante. E a miña irmá e mais eu que non levantabamos catro palmos do chan lle diciamos como no anuncio: “¿Coche nuevo?, e el nos decía: ¡No, no, Rally!, e riamos todos a cachón.

Lembro ir 12 de persoas no coche, a metade non mediamos máis dun metro e ibamos todos ledos no maleteiro sentados… se nos pillaran agora!. Esto da silliña para alzar aos pequenos era ciencia ficción.

Lembro o meu primeiro viaxe a Barcelona con 6 anos cos meus pais e a miña irmá, mortiñas de calor. Lembro o regreso de Bordeaux con 13 anos, con parada en Bilbao para ver a amigos aos
que non via desde que tiña 6 ou 7 anos…tantas cousas!


E ben, de onde vén esta nostalxia? Pois ainda que pareza mentira xurdiu no traballo. Chegoume información deste proxecto e se agolparon na miña cabeza estas lembranzas e moitas máis, pero non chegaría o espazo e aburriría ás pedras. Supoño que eu poñerei un grao, este fin de semana en Ferrol comentareillo aos Roxos.


Por certo, mentres escribo escoito isto. Estupendo e diferente!

18 Responses to “Eu teño un 127”

  1. torredebabel Says:

    cousa curiosa é esta vida. As túas fotos, coma temos a mesma idade, son iguais ás miñas, tiradas en Bos Aires, con outros coches e outras viaxes, pero coas mesmas roupas, os mesmos cabelos e aquelas pegadas dos anos 70 que ainda están aí, nas nosas fotos. Can perto pódese estar, vivindo así de lonxe…

  2. caravelete Says:

    Eu aprendin a guiar nun seiscentos amarelo que meu pai xa non usaba e me deixaba para practicar nun prado. O primeiro sitio ó que mo deixou levar (indo eu só, e antes de ter o carné) foi ó río a lavalo (cousa “prohibidísima” hoxe).

  3. Jan Says:

    Supoño que é asi torredebabel, eu as fotos que vexo da época arredor son moi similares. As fotos nas qeu estamos a miña irmá e máis eu cos meus pais son do ano 79. Desa viaxe teño moitas lembranzas, pero os ’80 foron fantásticos, polo menos eu o recordo así.

  4. Jan Says:

    O 600 era fantástico tamén. O primeiro coche da miña curmá era un 600 azul clariño e lle chamaban “rabolete”. O pobre estaba feito unha potiña, era moi a principios dos ’80, e a levou de Ferrol a Compostela moitas veces. Ainda me lembro como lle berrabamos ao pobre cando nos achegabamos á súa casa, para darlle ánimos…Aaaaarriba Rabolete, imos Raboletiño…En fin , un poema!!!!

  5. bouzafria Says:

    Na publicidade da época dicíase que se venderan máis dun millón de 127. O coche máis vendido da historia en España, cando daquela practicamente só había Seat, Citröen e Renault. (Tamén só había dous canles de tv e o “Un, Dos ,Tres” o vían cada venres 25 millóns de persoas). Onde estarán agora ese millón de coches?
    As veces, posiblemente máis antes ca agora, un coche é como da familia, e da mágoa pensar que os seus restos están escachados nunha chatarreiría.

  6. Jan Says:

    A saber! Eu ainda lembro o pobre 600 da miña prima abandoado preto dun bosque, pouco ecolóxico non? Cada vez mais espido, cada vez menos azul, cada vez con máis ferruxe e silveiras no seu interior. Non sei, eu penso que acabou formado parte da terra.

  7. acedre Says:

    Meu pai tivo un Peugeot dos antigos, antigos onde case nace minha irma. Logo tivo un 600 e cando iamos de Vigo a Acedre en Panton, Lugo habia que parar catro veces para que arrefriase. Logo tivo un Dyane 6 (“para gente encantadora”) que pasou a minha propiedade ata que fun a mili e morreu. Logo tiven un Ford Fiesta matricula 0069 que me durou anos e anos ata que tiven que mercar outro coche e deixalo no desguace. Digoche que me correron unha bagullas por deixalo ali.

    Por certo, duas preguntas: que e un rabolete e cal das duas nenas es ti ?.
    Un saudo.

  8. Jan Says:

    O Xeógrafo e máis eu temos agora un Fiesta, e estámos máis ledos, chámase o “pratas”.

    Respecto ao do nome de rabolete, pois a verdade síntoo, non che sabería dicir moi ben que significaba, heille de preguntar á miña curmá cando a vexa.

    E respecto das nenas, eu son a que vai de azul, a máis pequena. A calidade das fotos non é moi boa, pero segundo a miña nai, teño e mesma cariña que entonces, ainda que con dentes, porque aí me faltaba un dos de diante.

    Biquiños

  9. O Breogán Says:

    “PRATAS” Ó PODERRRRRRRRRR!

  10. Marinha de Allegue Says:

    Si che contara a retaila de coches que pasaron pola miña infancia e adolescencia…
    O que lembro con máis agarimo é un Jeep que nos permitía acceder a tódolos curutos.
    Agora o meu amor e mais eu vimos de cambiar o ford escort (xa moi velliño e demacrado)polo xuvenil ford tourneo.
    Unha aperta grande.
    🙂

  11. Jan Says:

    Ai os Ford…dan un xogo!
    Outra aperta para ti Marinha!

  12. --------Ñió! Says:

    Pois a miña tía tiña un sento vinte sete. Branco coido que era, e tennos levao á praia de cando en ves con il.

    Era unha ghrasia, pois iamos cantando os curmás máis eu todo o camiño e a miña tía cheghaba tan desquisiada que cheghaba á area e aló caía onde houbese sitio.

    Un saúdo.

  13. Ghanito Says:

    Lembro moitos coches na miña familia: 600, 124 familiar e moitos outros, pero o primeiro que foi meu foi un talbot horizon no que fun pasaxeiro primeiro e conductor despois.

    Concordo con torredebabel no das fotos, eu mesmo teño unha foto no parque Güell semellante á túa. Ainda que eu non levaba saia ;-D

  14. Alex Says:

    Your blog is interesting!

    Keep up the good work!

  15. ahgpsnmdqr Says:

    heather pink porn

  16. idytqvijyz Says:

    porn asian lesbians

  17. gpyrkfwbat Says:

    Prevacid

  18. mjqpodgbgb Says:

    [url=http://pharma-search.info/Renova.html]Renova[/url]