Levo dúas semanas que máis que tirar eu pola vida, a vida tira por min, e ao chegar a casa estou tan cansa que poñerme diante do ordenador, despois de estar xa no choio oito horas diante del, fáiseme unha tarefa colosal.

Hoxe mesmo a espalda é un nó, que parte da metade da mesma e chega case aos ollos-en forma de bágoas que non chegan a asomar-, e nin as droghas fan efecto, así que vou ser moi breve…


Esta longa e produtiva fin de semana ademais de ver a amigos, pais e demais familia, o Xeógrafo Breogán e máis eu fumos ao Castro de Baroña e a ver o Dolmen de Axeitos, un pequeno “tripi” como di el, un día soleado de paseos, descobrementos e total relax…

Xusto arriba e xusto abaixo deixo un par de imaxes, curiosidades e “brincadeiras” que ten a mai natura…

13 Responses to “Tirando”

  1. besbellinha Says:

    Jan, a ti facíache falla un balneario. Pronto chega a fin de semana, estírate, dalle caloriña e descanso aos músculos e se tes quen che dea unhas freguiñas mellor que mellor. Saúdos pintora 🙂 e recupérate das dores pronto.

  2. Ghanito Says:

    Por dar algún consello, que non sei se virá ben ou estará xa de mais:
    ¿revisaches o xeito que sentas no traballo? Se xuntas ás tensións propias dalgúns traballos unha mala postura o efecto pode ser destragador.

  3. Jan Says:

    Moi bos consellos os dos dous, o do balneario polo momento non vai ser posible, pero o das fregas e a caloriña espero que si.

    Ghanito tes toda a razón do mundo co das posturas no traballo e co da tensión e procuro correxilas sempre que me dou conta, pero pasa media hora e xa estou mal sentada outra vez…como se di por aí son un cú de mal asento, e neste caso é literal.

    Unha apreta e grazas polos agarimos.

  4. el niño de la guía Says:

    Sempre pode mercar o shiatsu esse da teletenda 😀

  5. Marinha de Allegue Says:

    Recupérate pronto menina linda que temos pendiente un baile.

    Unha aperta sanadora.

  6. acedre Says:

    Xa pasara todo ese problema. Ogalla.
    Quen debeu desfrutar co paseo por Baronha debeu de ser o Xeografo buscando ideas para a sua Gaidil.

  7. Jan Says:

    Moi boa idea o do shiatsu, he, he, pero me parece que polo momento voume ter que conformar cunhas fregas e coa bañeira da casa.

    Non esquezo o baile Pícara, eu son como a miña avoa cando bailo se me esquecen todas as dores…a ver se a dor de espalda vai ser de que hai tempo que non boto unha peza! Unha apreta moi forte.

    Si que disfrutou , si. El xa estivera , e sempre atopa novas ideas. Gáidil é un ruxe -ruxe contínuo na súa mente…só é preciso que teñan sorte e saia adiante, é un traballo bo, feito con tempo, con moito traballo e cariño, e penso que con calidade d’abondo como para estar nas librarías.

    Moitas grazas aos tres polos ánimos. Bicos e apretas.

  8. O Breogán Says:

    Quédense coas caras das pedras da segunda e terceira foto, se non repararon nelas…

  9. torredebabel Says:

    poucas cousas máis lindas cos debuxos que fai a natureza sobre pedras, campos, mares ou areas… Que esteas ben!!!

  10. Jan Says:

    Grazas Torre de Babel. Si que é verdade, a primeira pedra parece a cara dun home sorríndolle ao mar. Quen sabe, igual hai algún espírito agochado nas pedras.

    Unha apreta

  11. besbellinha Says:

    Dios, costoume pero vino ahahaha–>

  12. zytafwhyfu Says:

    free porn anime

  13. hulededwnu Says:

    [url=http://prettyqoteen.tripod.com/doxjs/community-sexay-type.htm]community sexay type[/url]