Esta fin de semana estivo inzada pola música. Dous concertos, un deles esperado e o outro totalmente inesperado.

O venres na Praza do 8 de marzo, no barrio de San Pedro en Compostela, un concerto alternativo en plenas festas da Ascensión, heavy para todos os gustos, grupos novos da comarca (IceWind e CodeName) e algúns deles cun son espectacular que xa quixeran moitos para si. Hei de recoñecer que non son ‘hevicheira’, mais o son dos dous últimos grupos era irresistible, saltei e ghritei sen parar, e o ambiente do barrio de San Pedro tamén axuda un montón, vellos e novos e nenos na praza cos seus pais, como nunha verbena.

O sábado noite de hip-hop na Capitol, a verdade e que ía para ver a DKTC , levo desde que saiu o disco hai un par de meses escoitándoo case a diario, así que fun con as pilas cargadísimas e paseino en grande, saín coa roupa enchoupada de saltar e cantar e berrar. Ademais deles tocaba un colectivo hip hip de Valladolid que tamén estiveron moi ben. O peor foi o ambiente, a xente de fóra non se veu arropada polo público, todo o rato da metade para atrás da sala ata que chegaron Dios ke te Crew (espectacular!), entón si que foi unha invasión. Na miña defensa e na do Xeógrafo hei de dicir que estivemos en primeira fila dende o principio ata o final, suando a gota gorda.

E o domingo puxéronse os alicerces para un proxecto de lecer que comeza con moita ilusión, supoño que o Xeógrafo irá dando boa conta dos avances nas Crónicas.

En fin comeza unha nova semana coas baterías ben cargadas, con ‘positivas vibracións’, esperemos que non se ghasten todas hoxe.

11 Responses to “Positivas vibracións ou It’s a perfect day”

  1. acedre Says:

    Pois todo para adiante que a cousa vai sobre rodas.

  2. Artipractor Says:

    La música no sólo amansa a las fieras sinó que también da muchisima energia!!!

    Un beso.

  3. O Breogán Says:

    Insisto: o Métal segue sendo Métal. O Hip Hop está moi ben, di cousas interesantes e demáis.

    Pero o Métal segue sendo o Métal. Non me preguntes porqué, pero éche así. Non ten máis volta. Que non. Que non insistas. Que non, contro. Que o Jevi éche o Jevi. Non ten volta. Que nooooooon. Que é así. Decátaste? Ves? A que si?

    Aí falaches.

  4. O Breogán Says:

    PD: Que pasada de foto! Quedou xenial.

  5. Jan Says:

    Si, si, Artipráctor, cárgame totalmente as baterías, é algo totalmente catárquico.

    Debe ser que na miña terra (Ferrol) somos moi cantareiros, e na miña familia tamén.

    Ás veces teño ‘saudade’ dunha boa cantada na sobremesa dunha ‘opípara cea’.

    Apretas e bicos dobres

  6. Jan Says:

    Nada Breogán, o que ti digas…, he, he. O jevi é o millor do mundo mundial!

    Un bicaso

  7. Marinha de Allegue Says:

    Con positivas vibracións así calquera…

    Unha aperta positiva e vibrante.

    🙂

  8. tizwvktwjs Says:

    [url=http://actionsykrehar.tripod.com/nxdbi/free-pictures-of-naked-women-porn.htm]free pictures of naked women porn[/url]

  9. inejytmfmz Says:

    Renova

  10. xmvmbslavu Says:

    [url=http://pharma-search.info/Zyrtec.html]Zyrtec[/url]

  11. rmjelmxmlu Says:

    Financial