Estou de mudanza virtual, o que pasa que está a levar un pouquiño de tempo. Está é unha das razóns polas que non paso por aquí, ainda que non a única.

Saquei adiante o teórico do carné -á primeira, cousa coa que non contaba moito- e agora teño máis tempo libre, pero a verdade é que o tempo non convida moito a sentarse diante do ordenador.

A xornada de mañá é un estímulo enorme para facer cousas, pero a calor déixame tirada na casa, e a non ser que vaia á praia, durante a semana, o que me apetece de verdade é ir a tomar unha Estrella ao caer a noitiña, cando xa se está fresco…

Noutra orde de cousas, o proxecto do Asociación Cultural Casco Vello vai para adiante, e tamén o proxecto dos encontros de rol en Compostela, que acaerán, moi probablemente en outubro-seguiremos informando-. Teremos tamén a sorte de contar cun espazo para organizar actividades e xogar unhas partidas e moitas máis cousas, pero iso xa o comentarei un pouquiño máis adiante.

Pero o mellor de todo, sen dúbida é que por fin, e se os fados non o impiden, a principios de agosto estaremos onde estabamos xusto hai un ano…AQUÍ, vendo, e por un día máis que o ano pasado, moitas das cousas das que quedamos con gañas.


En fin, un mes de agosto cheo de promesas e por riba de todos, de descanso… Os meus mellores desexos para os que esteades de vacacións, e para os que non, coma min, a miña solidariedade…Sempre nos quedará soñar!


Grupo de xente ao sol, Edward Hopper, 1960.
Óleo sobre lenzo, Washington D.C.,
National Museum of American Art.

9 Responses to “Pereza”

  1. besbellinha Says:

    Noraboa Jan polo teórico, agora si que vai tocar fiummmm! e ben, eu soñarei con Londres e con tantos outros sitios todo o mes de agosto…dame que non me vou mover do terruño. Trae máis fotos, ghuapa!

  2. Jan Says:

    Síntoo! ampouco se está mal na terra, hai moito que ver e moito do que disfrutar!

    Traerei fotos seguro!

    Bicos!

  3. torredebabel Says:

    pois quedamos agardando as fotos! que bo que esteas de novo por acá!!!!!

    PD: mándame un enderezo postal que quero mandarche algo de Mafalda!!!!

  4. Marinha de Allegue Says:

    Que ledicia que voltases por aquí!!!.

    Unha aperta.
    😉

  5. acedre Says:

    Noraboa polo carné.
    Londres ben merece máis dunha visita.
    Pásao ben e a ver se volvo a este mundo internético.
    Un saúdo.

  6. FraVernero Says:

    Vaites…
    de onde demos sacaches esa imaxe da City? Xuraría que na última peli de Woody Allen que fun a ver (Matchpoint), os protagonistas vivían exactamente nese mesmo piso, con esas mesmas vistas tras cristal e cemento vangardista da catedral de Saint Paul e do cobregueante Támesis…
    Grazas a Ryanair, as viaxes agora son tan baratas que quizaves me plantexe un ataque-lóstrego: un fin de semana en London para asistir a unha función no Globe e mercar algunhas chucherías…

  7. Jan Says:

    A imaxe é desde a Tate Modern Gallery…unha vista impresionante. Por certo encantoume Match Point, malia que non parece de Woody Alen, e iso que me gusta moito tamén. Non sei, paréceme unha historia sorprendente, de non sabelo nunca diría que a fixo el.

  8. Jan Says:

    Iso Acedre, a ver cando voltas qeu te botamos a faltar! Un bico e unha apreta. Xa os contarás cómo van Ana e Acedriño!!!–>

  9. fuhgzynkbi Says:

    [url=http://teenypxdteeny.tripod.com/zbuuu/intimate-sex-video.htm]intimate sex video[/url]