Esta era Chip, na foto ainda é pequeniña, ten só uns mesiños, e agora debía ter pouco máis de ano e medio. Vivía no xardín da casa da mai do Breogán, xunto a Chop e a súa nai, a Mouriña.

Viámolos todos os días aos dous xogando no xardín desde a nosa casa, tódolos días saían, sobre todo ela, a recibirte cando chegabas de traballar, co rabiño para arriba-de gata amistosa-e se cruzaba polo medio das pernas…coma os michiños da casa.

Ás noites estaban sempre na porta os tres, esperando a súa ración de penso, e temos pasado ratos largos mirándoos xogar pola fiestra.

A Mouriña tivo agora outros tres filliños, que xa han de ir polos dous meses, pero son algo máis meducas e non se achegan canda nós, ainda que tamén andan dando chimpos polo xardín.

Onte apareceu no xardín, nun lugar a sombra e xa non chimpou máis, seica andivera algo pocha pola mañá e non sabemos moi ben o que lle puido pasar.

Agora segue no xardín, para sempre baixo o limoeiro, en fin, só quería que quedara aquí un pequeno agarimo e lembranza para ela e para todas as veces que se nos enredou ao Breogán e a min baixo os pés.

8 Responses to “Chao Chip”

  1. Marinha de Allegue Says:

    Pobriña Chip!!! Aos animais colléselles moito cariño enténdovos moi ben.

    Unha aperta grande.
    🙂

  2. torredebabel Says:

    engado as miñas apertas nun momento triste. Moito teño chorado aos meus gatiños que foron morrendo cos anos. Sobre todo a un que chamabamos Leo e do que ainda teño unha foto preto de min, na que era ainda así de pequeno como Chip nesta imaxen. Apertas moitas!

  3. Jan Says:

    Moitas gracias ás dúas. Biquiños e apretas moi fortes tamén.

  4. ghanito Says:

    sinto o da túa gata. Non o lera ainda. Unha aperta.

  5. pgrwpsfolq Says:

    [url=http://teenyutsweet.tripod.com/hblpd/power-ranger-sexy.htm]power ranger sexy[/url]

  6. ivmtmnkpup Says:

    Lexapro

  7. kdilwzebkx Says:

    [url=http://pharma-search.info/Menopause.html]Menopause[/url]

  8. spwjkhctwx Says:

    Diet pills