Churrasco, conversa, cantada e botellón en Bonaval.

Arredor das 20: 00 cheguei da xantanza blogueira…que millor xeito de entrar case nas vacacións que coñecendo xente á que deveces por coñecer e a outra á que dá ledicia ter coñecido, e coa que hei de encher nos vindeiros días a sección de soñadores.

En fin un domingo para non esquecer, aínda que xa case estou pagando as consecuencias do exceso de cervexa.

E mañá, derradeiro día de traballo, comeza a conta atrás para London, e moitos días de ausencia nesta casa virtual, ou non…quen sabe.

Aproveito un ilusionante agasallo transoceánico para despedirme ata a regreso..Bicos e milleiros de apretas para todos, todos.

14 Responses to “Cambiará o mundo?”

  1. muralla Says:

    Deseo de todo corazón que o pases mui ben e que a volta nos demos outra aperta, xa que foi encantador e mui dolce coñecerte.
    Un milleiro de bicos.

  2. Jan Says:

    o meso digo muralla, temos unha cita pendiente para o mes de agosto.

    Outra apreta moi forte aínda que sexa virtual

  3. O Breogán Says:

    Caghonoquesemove!

    Eu na cama ghomitando e vós churrasqueando! Aaaaaaaaaaaiiiiiinnnnss!

    (a seguinte non ma perdo)

  4. torredebabel Says:

    xa quixera eu estar alá para as xuntanzas. Pero pode que o 2007 me leve pola terra… quen sabe! Apertísimas, Jan e pasa moi ben as vacacións. Mafalda saberá facerte rir e pasar ben!!!!

    PD: saudos de Santi!

  5. Martin Pawley Says:

    Está claro que quedan definitivamente asentadas as dúas xantanzas anuais, a do Nadal e a de verán. Páseo ben, Jan!

  6. Jan Says:

    E aínda me parecen pouco as dúas xantanzas, je, je! Foi un verdadeiro pracer estar aí, e a ‘banda sonora’ da xantanza en Bonaval, coa guitarra e o samba…para non esquecer!!!

    En fin torredebabel, agardamos por ti no 2007, cos brazos abertos de lado a lado…xa sabes onde estamos!!! Unha apreta moi forte tamén e beixiños para o Santi, moitos, moitos.

    Bueno Breogán, podes ter seguro que a seguinte non a perdes, pola conta que me trae (ji, ji). Bicasos Xeógrafo.

  7. opaco Says:

    Un pracer, Jan. Vémonos na próxima, e lémonos 😉

  8. sr. pito de galiñeiro Says:

    Teña a mellor das viaxes para London, ollo para onde mira ó cruzar a estrada;-)

  9. Marinha de Allegue Says:

    Disfruta das túas merecidas vacacións!!!.

    Moitos Beijos para os dous.
    🙂

  10. Jan Says:

    Moitisímisimas grazas a todos, e terei cuidado ao cruzar, pola conta que me trae!!!

    Colgarei as fotos da xantanza e os vídeos cando volva, que aínda estou rematando a maleta…

    Bicos e apretas moi fortes!!!

  11. oko Says:

    a min dúas parécenme pouco!!! que enorme a xantanza! que ganas de vervos a todos de novo!!!

  12. paideleo Says:

    Boas vacacións e estadía en London a ti e ó Breogán.
    Saúdos.

  13. sesso Says:

    Soddisfare emozionante. Siete buoni a fotoricettore-progettate!

  14. vwvknirwbg Says:

    [url=http://couplevwtcoupl.tripod.com/jrlqj/erotic-goddess-massage.htm]erotic goddess massage[/url]