Hai apertas na distancia: ao despedirse tras unha chamada, ao rematar de escribir un correo, ou ao deixar un comentario nun post…

Hai apertas nas distancias curtas: as que damos aos que queremos cando chegamos, cando nos despedimos, cando nos bicamos…

Hai apertas alegres, hai apertas tristes, hai apertas emocionantes…as que non o son non valen moito a pena, penso eu. Tamén penso que me gusta máis a palabra apreta, aínda que non estea ben dito…Pero as apretas sempre rematan, só quedan vivas na memoria, que non é pouco.

Hoxe vin na prensa unha das apretas máis fermosas e emocionantes da miña vida: unha apreta de máis de cinco mil anos…

Aínda que as explicacións do feito probablemente sexan un pouco prosaicas…

11 Responses to “Apertas”

  1. paideleo Says:

    Aperta preciosa e non fagamos caso dos motivos reais.
    Eu sempre lembrarei a imaxe da xente de Pompeia que morreu na cama na erupción do Vesubio.

  2. torredebabel Says:

    Tamén gustoume moito mais a imaxen e as súas historias posibles, que as explicacións e posibles historias reais. É o que teñen os xornais: non atopan lugar para o fermoso.

  3. bouzafria Says:

    Non lin as interpretacións, tampouco importan moito. Queríanse. E se non è vero è ben trovato.

  4. O Raposo Says:

    Eu tampocu lin as interpretacións pero a imaxe deixa como un sentimento de amor e tenrura no aire, e non hai que darlle máis voltas.

  5. Jan Says:

    A verdade é que o sentimento é o da emoción positiva…eu non pensei en nada negativo ata que leín o texto.

  6. FraVernero Says:

    É que aos seres humanos -e aos primates superiores- gústanos moito tocarnos… Tamén despiollarnos, anque esa é unha costume que xa non practicamos…

    Abrazados na morte… Podería ser a foto unha boa portada para ‘Romeo e Xulieta’. Eros e Tánatos nunha mesma imaxe -ou máis ben, aperta.

  7. Marinha de Allegue Says:

    A imaxe é realmente fantástica e perpetua…

    Unha aperta.
    🙂

  8. Conchi Says:

    É verdade, amor e morte nunha única imaxe, aínda que neste caso non produce inquedanza…E perpetuidade, como ben di a Pícara. A min me gustaría que me sacarun unha foto así dentro de 5000 anos, lastima que os nosos camposantos non admitan esas posturas!!!!

  9. besbe Says:

    nenaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa!!!

  10. zohirkpmfu Says:

    [url=http://womanecjfxteen.tripod.com/csdlk/free-thumbs-and-video-xxx.htm]free thumbs and video xxx[/url]

  11. xsvefixshu Says:

    briney spears nude