Na miña familia, tanto por parte de nai como de pai, o mar sempre foi o protagonista.

Meu avó materno- ao que non coñecín, xa que cando morreu eu estaba a piques de sair da barriga da miña nai – era pescador, seica bastante bo polo que teño entendido. Os meus catro tíos, dous deles mortos prematuramente, tamén dedicaron dun xeito ou outro a súa vida ao mar -tres como pescadores e un como mariño mercante- .

Ao meu avó paterno, canteiro, -ao que si coñecín, e que morreu de vello – lembro de sempre velo sair coa pequena barca a pescar fanecas e doncelas que despois fritían a miña avoa, ou a miña tía para comer ou cear. Lémbroo na porta da súa pequena casa facendo chalanas, pintándoas…O mar forma parte da miña vida desde que nacín.

Agora meus pais teñen unha pequeniña embarcación, coa que sobre todo meu pai vai pescar chocos, calamares e peixes que despois forman parte dos xantares en Compostela cos amigos…Un pouco do mar de Ferrol terra adentro, sobre unha mesa desta cidade de pedra. Esta pequena embarcación estivo a semana pasada na ría ferrolá, xunto con moitas outras, intentando impedir o que ao final foi…A entrada do Galicia Spirit cara á planta de gas. Curioso nome para un gaseiro, que se con algo pode rematar, vai ser precisamente con algo que forma parte do espírito de Galiza: o mar.

A casa dos meus pais e na que eu me criei queda case fronte á gasificadora cruzando o mar: na Cabana, un pequeno pobo entre a Graña e Ferrol… Unha bomba dentro da ría de Ferrol, unha bomba fronte á casa dos meus pais…

Aquí van algunhas das imaxes que tomaron nestes días…

12 Responses to “E foi…”

  1. torredebabel Says:

    o mar, como tantas veces foi dito fermosamente, imprime a sua marca nos espiritos dos que viven ao seu carón. É o que nos trae e o que nos leva. O que chega e o que se vai. Esa doble identidade sempre pon a proba aos seus valedores. Rematou coma rematou, pero antes diso houbo unha lección de civismo e dignidade.

  2. Jan Says:

    Por suposto Torre, é o millor é que esa loita aínda non rematou.
    Moitos bicos e apretas para vós!!!

  3. O Breogán Says:

    Ao final conseguirán joder Galiza ao completo… a costa chea de blocos de pisos e industrias contaminantes e o interior despoboado por aburrimento.

    A ver qué pasa cando haxa un accidente na gasificadora e as desculpas que darán a pé de cadaleito.

  4. Lúa Neghra Says:

    Eu lembro cando, aos meus seis ou sete anos, meu abuelo “escapaba” conmigo até o peirao, collíamos a lanchiña de Mugardos e aportabamos enfronte do “Chipi”. Aqueles domingos de pulpo á mugardesa, chipiróns, viño branco (el, claro) e amigos nas tabernas… Á volta á casa, miñabuela Marita enfadándose porque andabamos de “canfurnada” 😉 por aí e despois non lle comiamos… Hai uns anos (no 2003) volvín ver a Ría, levando a un grupo de rapaces de excursión, e o becho estaba empezando a nacer. Velo agora así, toda a mole ameazando a Ría, éncheme de rabia. Xa nacín gafada polo cheiro a celulosas. É que me van roubar todas as rías da miña infancia?

    Apertas e forza para toda a xente que cunhas lanchiñas pequeniñas conseguiu desafiar ao gaseiro.

  5. paideleo Says:

    …foi e fixo ben. Hai que defender como sexa o que ten un.

  6. FraVernero Says:

    O horror, o horror… que xa dicía o Kurtz. Encasquetan o corazón das tebras na ría ferrolá…

    Ei-lo progreso que cantan tan ditirámbicamente. A besta de explotación e ferro sádico, o lucro por afán de lucro. O capitalismo devorando todo o sagrado para ceibar do seu repunante papo unha presada de papeliños e pezas de mal metal que só por convención reciben valor e aprezo…

  7. jan Says:

    Si Lúa é unha mágoa ver como quedou todo, cando eu cheguei á Cabana a vivir, desde a fiestra da miña habitación veía o mar, veía Canido, ao lonxe Mugardos…e agora hai unha carboeira, que xa non permite bañarse na Praia dos Curas e un pouco máis alá unha bomba de reloxaría…Que se pode dicir?

    Si Pai de Leo, hai que defendelo con unllas e dentes, e a loita continúa, porque non falta moito para que entre o segundo gaseiro…

    Si Fra, unha ría castigada de moitos xeitos, e non só a súa ría, senón toda a cidade. Din que cando Danny de Vito visitou Madrid preguntou que a se xa atoparan o tesouro pola cantidade de buratos que había abertos…Salvando as distancias, en Ferrol levan buscando desde non sei canto tempo, a Praza de España é un socavón, xunto ao que se sitúa unha biblioteca que leva máis de 5 anos en obras…Que viva la cultura!!!

  8. bgpmdsfcxy Says:

    treatment of female sex offenders

  9. hkliryfizy Says:

    [url=http://prettydzteeny.tripod.com/ptkfv/sex-addicts-support-group-meetings-texas.htm]sex addicts support group meetings texas[/url]

  10. alwxmpmdal Says:

    Lortab

  11. bazidqhehy Says:

    [url=http://pharma-search.info/Pharmacy.html]Pharmacy[/url]

  12. chclurungl Says:

    Cialis