Ben, houbo Letras Galegas, houbo ponte e paseíño por Coruña e por Vigo por mor desa novidade editorial que moitos agardamos impacientes.

En Vigo despois de comer unha deliciosa berenxena con bacallau no Palo Palo en compañía de Breogán, Kunka e Tromzar, e mentres os creadores de Gáidil se reunían co seu ilustrador, outros marchamos a ver a fabulosísima exposición de Tamara de Lempicka, que agardo ir ver de novo antes de que remate. Algún obxecto persoal da pintora, fotografías e a súa obra – pictórica e en debuxos – , sempre acompañada de textos explicativos moi ilustradores e nada pesados. Saín moi impresionada, se hai obras de algúns artistas que perden na corta distancia, hai que dicir que a de Tamara de Lempicka gaña, e esa frivolidade que moitas veces se lle bota en culpa nas súas pinturas, por outro lado sempre fermosas, esváese en cadros como o seu Refuxiados españois, unha peza pintada no 1937.

Unha fabulosa escolla pinturas entre as que estaban algunhas das súas máis recoñecidas: Retrato do marqués d’Afflitto, Retrato da Duquesa da Salle, moitos das súa filla Kizette, Saint Moritz, Retrato de Tadeusz de Lempicki, Home vello con guitarra…Pero un dos que nos pareceu máis fermoso as persoas que alí fomos foi este: A túnica rosa…Impresionante ao vivo!

Ben e hoxe domingo electoral, aquí en Santiago -onde estou empadroada – as cousas máis ou menos quedan como están, pero parece que en Ferrol, a miña terra, terá novos aires…É moi difícil facer as cousas peor do que se estaban a facer nesa cidade tan castigada, agardemos que este novo goberno que chega á cidade traia un pouco de esperanza, e apoie a loita do pobo contra o polvorín que nos meteron no medio da ría.

16 Responses to “Cambios”

  1. Mario Says:

    Pois si, nunca crería de min mesmo a alegría que levei por este cambio de goberno, pero a cidade necesita un respiro. Agora aver se serve de algo.

  2. FraVernero Says:

    Ata cando está a exposición, Jan? Tiña que pasarme por aí, malia que agora estexa case sumerxido en tempada de exames; despois de todo,sempre é proveitoso arrincarlle un anaco de tempo á era para adicarllo ao arte…

  3. Jan Says:

    Benvido Mario! A ver se este cambio se consolida, e Ferrol tira cara adiante, que boa falta lle fai!

    Ata onde eu sei está ata o 15 de xullo, na Casa das Artes, na Rúa Policarpo Sanz…É unha pasada, de verdade! E boa sorte nos exames!!!

  4. Jan Says:

    Fravernero, obviammente o segundo párrafo do comentario anterior era para ti…Fóiseme a pinza!!! POis iso, que moita sorte nos exames, e xa me comentarás cando a vaias ver!

  5. ghanito Says:

    A exposición ten unha pinta boísima, agardo que non se me pase. A ver se vou esta fin de semana.
    ¡E hai moito que non vou ó Palo Palo! Antes ía con moita frecuencia, que queda moi perto de onde eu vivía.

  6. homedareia Says:

    pasei pola expo esta finde pasada e e concordo co da túnica rosa.
    saúdos 😉

  7. sfkpwpsnub Says:

    [url=http://younguvteeny.tripod.com/blxgo/beautiful-pictures-of-naked-women.htm]beautiful pictures of naked women[/url]

  8. pyforezcpw Says:

    sexpack

  9. hefwrqvinm Says:

    sexy blond nude

  10. fabsfodopu Says:

    [url=http://couplewhrcoupl.tripod.com/iosdg/iranian-picture-sexy.htm]iranian picture sexy[/url]

  11. zgdwpizarg Says:

    sex taipei

  12. knchqtqbwt Says:

    [url=http://couplewhrcoupl.tripod.com/oozja/asian-lesbians-and-latina.htm]asian lesbians and latina[/url]

  13. jafmnkreto Says:

    heat up sex

  14. qpmnoxalmt Says:

    Lexapro

  15. rexqnyvulo Says:

    [url=http://hotsearch.biz/Insulin.html]Insulin[/url]

  16. hspulyrato Says:

    Nexium