Rooms by the Sea, 1951. Edward Hopper
Oleo sobre lenzo. 29 x 40. Yale University Art Gallery, New Haven, Connecticut.

Así dicía a canción de Silvio Rodríguez, aínda que no meu caso debería cambiar o mes de abril polo de agosto:

“Y a mi me escarba la ansiedad/me escarba hondo, acá, en lo blando;/ me escarba simple, de escarbar, como para que se hunda más/ el día feliz que está llegando.”

Pois iso, o ano pasa factura co seu cansancio, e a ansiedade das vacacións que tardan séculos en chegar cae sobre min como unha pedra.

Con todo hai cousas que farán o camiño moito máis levadeiro ata ese bendito 31 de xullo: a festa do día da patria e unha agardada visita…por fin!

12 Responses to “Como esperando abril…”

  1. Lúa Neghra Says:

    Que acertada! A min encántame esta canción tamén, é moi esperanzadora. Empeza a soar na cabeza cando estás nunha etapa especialmente dura, pero algo no ambiente vaiche anunciando que vén o bo, que “se está arrimando un día feliz”. Que sexan moi felices as merecidas vacacións ;), e agardemos pola nosa Torre de Babel con impaciencia…

  2. bouzafria Says:

    Tiven unha época que escoitaba moito a Silvio, pero agora se escoitou dúas cancións del seguidas, non sei por qué, pero éntranme gañas de chorar. É dicir: góstame en moi pequenas dosis suficientemente espaciadas. A miña preferida era unha que encetaba: “Hoy mi deber era cantarle a la patria…pero tú me faltas hace tantos días que quiero y no puedo tener alegrías”.
    Saúdos

  3. jan Says:

    Lúa Neghra o mesmo desexo para ti, que boa faltiña nos fan esas vacacións…

    Bouzafría, eu tamén hai moito, moito tempo que non escoito a Silvio, pero as cancións quedaron con lume na memoria, e de súpeto xorden cando un as necesita, é o fermoso da música e da poesía, non?

  4. paideleo Says:

    As vacacions han vir. Non tenhas medo.
    Eu queria ver a Torredebabel pero semellame case imposible. Saudaa da minha parte.

  5. torredebabel Says:

    A fartura dos tramites que sempre sempre son mais barrocos do que debe, o cansancio das cousas non feitas e das feitas tamén, os nervios e o medo de non facer ben as cousas… todo todo perde forza diante de vos as dúas a quen con tanta ledicia vou finalmente coñecer en directo 😉

  6. O Breogán de Gáidil Says:

    Xa sabes que a min Silvio nunca me fixo moita gracia, pero se me cantas de novo aquilo de

    “Summertime
    And the living is easy
    Fish are jumping
    And the cotton is high
    Oh your daddy’s rich
    Your mama’s good looking
    I said hush little baby
    Don’t you cry”

    … a min xa me chega (en dúas semanas estamos aló!).

  7. jan Says:

    Mágoa Paideleo que non poidas vir; tamén por verte a ti, que a única vez que te vin aínda non estaba o Leo no mundo, e foi un pracer moi grande coñecerte.

    Torre, has de facer todo moi ben, seguro! Ánimo, aquí agardamos impacientes por ti.

    Breogán, heicha cantar meu neno, xa sabes que si…

    Moitos bicos para os tres…

  8. Lúa Neghra Says:

    Outro dos meus puntos febles… Esa marabilla de Gershwin que é Porgy and Bess (que che agradezo infindo que me prestaras 😉 con Ella Fitzgerald e Louis Armstrong. Un canto de berce que coñecín por primeira vez, con todo, na voz poderosísima de Janis Joplin. Descubrir a versión orixinal (nesa edición tan bonita, ademais) foi unha alegría. Que propio para este tempo!

  9. Marinha de Allegue Says:

    Todo chega non te apures…

    Unha aperta de verán con choiva.
    😉

  10. rstsbelcdm Says:

    greatest dick sucker

  11. czsdcpclqh Says:

    [url=http://prettydzteeny.tripod.com/ptkfv/final-fantasy-sex-pic.htm]final fantasy sex pic[/url]

  12. ybotodidih Says:

    free black porn star gallery