Estes dous días foron destes de non esquecer, de non poder pedir máis. O 24 pasadas as 6 da tarde encontrámonos con Torredebabel no Festigal – na Galería das Letras – alí estabamos a Pícara, Artipráctor e eu, non foron máis de un par de horas, pero intensas. Moitas cousas que contar en pouco tempo, e tamén unha estraña sensación de irrealidade…

O Día da Patria comezou cedo, o Breogán e eu quedamos con Torre e a Pícara para ir a manifestación do 25 de xullo.Fixemos parada no Derby onde Torredebabel quedara con Moralla, eis outra máis que grata sorpresa, o círculo ía crecendo…

A manifa ben, o discurso da Quintana moi esquecíbel, mitin de campaña e non do Día da Patria, marcharía senón fora porque non podo deixar pasar ese día sen cantar os Queixumes na que para min, é a praza máis fermosa de Compostela.

Despois xantar a Casa Felisa e chegada, de Lúa Neghra. Compañía, conversas e xantares deliciosos…pouco máis se pode pedir. De alí paseo turístico por Compostela de camiño ao Festigal, Breogán exerceu para Torre de perfecto Cicerone, como bo picheleiro que é.

No Festigal, máis paseo, máis falangueirada e máis encontros, alí agardaban tamén a Besbelliña e Lourixe. Tras un rato de parolada baixo un sol de xustiza, que xa era necesario, achegámonos a tomar unhas cervexas e un pouco de polbo e churrasco a un dos chiringuitos onde aínda permanecían algúns Chuzarrasqueiros…Papaina, conversa, risos e retirada para casiña, que ao día seguinte era día de escola.En resumo insequecible…Mágoa tamén que foi momento de despedidas

10 Responses to “Estes dous días…”

  1. paideleo Says:

    Creo que perdin unha boa xuntanza.
    Outra ocasion habera…

  2. jan Says:

    Non te preocupes Paideleo…o ano que vén habedes de vir co voso picariño da man ao Festigal!
    Unha apreta…

  3. Marinha de Allegue Says:

    Menudo día, de sol, de encontros de moita emoción concentrada. Un día fermoso en tódolos sentidos.
    Un pracer a vosa companha.

    Beijos a pares.
    😉

  4. torredebabel Says:

    pasou tan rápido!!! ainda estaba esta mañá vendo algunhas fotos e botábavos de menos! Que ben o xantas na Casa Felisa, que bonito o paseo por Compostela, que sol tan brillante no Festigal e os discursos na Quintana… bueno, no que estabamos: que bonito o sol! ;-))
    Moitísimas grazas Jan!!!
    Por todo e por cada cousa.

  5. besbe Says:

    Paseino moi ben e foi un gusto volver a vervos e coñecer a torredebabel gracias a ti e a marinha, agora agardo verte a ti pronto xa na Coruña, bicos guapa!

  6. indómita Says:

    Boas vacacións ruliña, espero que esa cervexa siga en pé cando voltes desa viaxe… Non sabes a envexa que me das… eu pasarei outro ano sen ir a ningures… agardando aínda pola fin do proxecto do meu compañeiro… en fins, pasádeo xenial e xa me contarás!!!
    Bicos

  7. vilidkzivk Says:

    brother incest sex

  8. jqnuruhefu Says:

    Tenuate

  9. dqbebgbqvu Says:

    [url=http://hotsearch.biz/Drug.html]Drug[/url]

  10. cdejyfulsp Says:

    Clonazepam