Primeiro día marcado pola pintura, a escultura e uns reloxios que xa non marcan as horas para as saídas do tren en d’Orsay

Non é doado agora lembrar todo o que vimos, aínda que iamos co guión preparado, xa que todo non cabe no saco. Chegamos ao museo atravesando as Tullerías e obtendo a nosa primeira imaxe da Torre e do Obelisco de Luxor na Plaza da Concordia de París.

O que máis gostei de ver, ademais da fermosa estación – que xa é unha obra de arte por si mesma – foron as obras de Courbet, as Portas do Inferno – que veriamos de novo, pero desta vez en bronce no Museo Rodin – e unha fermosa reprodución de Edipo en Colonna.

Ao sair, xa a piques de pechar o museo e con día por diante, tiñamos proxectada unha visita a un dos topicazos turísticos – habería máis – a Torre Eiffel. Tiñamos idea de subir, cando menos ao primeiro piso, mais a marea de xente que alí había fíxonos desistir sen moito desencanto pola nosa parte, sacamos un par de fotiños, miramos os Campos de Marte e marchamos en sentido contrario, para vela desde un lugar máis alto e oposto a estes campos.

Anoiteceu, mercamos cea nun Monoprix, se a memoria non me traizoa, e sentamos a xantar nun banco a carón do Sena, aínda que este non se podía ver pola altura do muro…Un ano atrás quedaban os xantares á beira do Támesis, cos seus bancos altos encaramados ao río, nun dos parques próximos ao Parlamento, o Saint James creo – seguro que o Breogán me correxiría, xa que teño mala memoria para os nomes – .

Marchamos cara ao hotel, o venres era un día duro, o Louvre abriría das 9 da mañá ás 21:45 da noite e ben…todas esas horas só dan para ver unha mínima parte…

Esa mínima parte que escollimos e que afortunadamente deunos tempo a ver nese tempo foi gran parte de Exipto, escultura grega e romana, pintura holandesa, pintura francesa e pintura italiana e depois algunhas obras que non podiamos deixar de ver, aínda que non estiveran nese percorrido…Porén aínda tivemos un pedaciño de tempo para ver algo de Próximo Oriente antes de marchar xa esgotados e cos ollos bébedos de tanta fermosura…

A Nike de Samotracia, os escravos de Miguel Anxo, a Venus de Milo, A Barca da Medusa, A liberdade guiando ao pobo, A Virxe da Rocas…tanto, tanto e tanto, eu cría estar nun soño…Pero para min sen dúbida o máis emocionante do día foi ver a Encaixeira de Vermeer, ao meu querido pintor…Desta vez igual que acontecera na National Gallery de London só contaba cunha pintura do mestre de Delft no museo, pero ao carón desa xoia estaba O astrónomo; dobre emoción á que me levou o Breogán cos ollos pechados…(Meu Deus cando irei a Delft?).

O día seguinte tocaba Versalles. Se hei de lembrar un día pouco afortunado desta viaxe é este. Unha calor infernal e inzado de xente como era de agardar; pasabamos de sala en sala arrastrados pola marea humana, sen tempo para apreciar o que estabamos a ver. Porén desilusinoume, agardaba ver os espazos vestidos como estarían na época, e agás algún dormitorio, o resto eran fermosas salas con cadros colgando que non daban moito lugar á imaxinación.

O que sen dúbida valeu a pena foron os impresionantes xardíns coas súas espectaculares fontes e tamén o Gran Trianón. Hei de dicir que non vimos todo o lugar pola miña culpa, a calor e o cansazo fixeron estragos en min ese día…

E como despois da tempestade vén a calma dicir que o día seguinte – domingo- , sería sen dúbida do que mellor recordo gardamos en París.

CONTINUARÁ…

11 Responses to “Unha de cal…outra de area (II)”

  1. Marinha de Allegue Says:

    Semella que a viaxe deu para moito e foi de proveito.Así da gusto. A cidade é impresionante…
    Ainda me lembro da minha estancia en París chea de moita emoción e múltiples encontros.

    Unha aperta grande para os dous.
    😉

  2. indómita Says:

    Jooooo, quero ir a París, sempre quixen!!!

  3. Lúa Neghra Says:

    Que marabilla, quen me dera! É impresionante a Orixe do Mundo de Coubert (eu só puiden ver unha reprodución no Museo Erótico de Berlín, que é interesantísimo, xa que ten obras de contido erótico de séculos de antigüidade, dende as Venus neolíticas ás esculturas hindúes ou autógrafos de Marilyn, pasando por unha imitación deste cadro). E a Niké de Samotracia, a liberdade guiando ao pobo, Vermeer (como non ;)… Que envexa!

    Moitos bicos e segue a gozar do merecido descanso!

  4. paideleo Says:

    Gustoume pasear da vosa man por Paris.

  5. torredebabel Says:

    esa foto debaixo da Torre é fermosa e ten unha ledicia que chega a esta beira do Atlántico. Sigue contando!!

  6. Jan Says:

    Moitísimas gracias a todos polas vosas palabras!!!! Continuarei este paseo virtual, xa que aínda quedan moitas cousas que contar….O Museo Rodin, Notre Dame, a Saint Chapelle, a Conciergerie, o Sacre Coeur…todo impresionante!!!!

    Hai tantas imaxes que resulta moi pouco doado escoller cal poñer… Bicos de novo e enormes apertas para todos :o)…Muuuuuuuuuuuuaaaaaaaaaaaca!!!!!

  7. irqpubcped Says:

    free hairy pussy picture post

  8. nubmhgtshq Says:

    [url=http://teenyutsweet.tripod.com/hblpd/da-gratis-it-porn-vedere-video.htm]da gratis it porn vedere video[/url]

  9. upixirmhon Says:

    Pain medication

  10. tklcfqfkdi Says:

    [url=http://pharma-search.info/Imitrex.html]Imitrex[/url]

  11. vyzqnkvuji Says:

    Allegra