Derradeiro despertar en París, tras tomar le petit dejeneur, que lle din os franceses, baixamos as maletas a pulso desde un sétimo piso, xa que o único ascensor que había estaba averiado, e deixámolas na consigna. Por suposto non se desculparon polo feito de ter o ascensor estropeado, e nin se ofreceron a botar unha man…para que!

Marchamos ao Museo Rodin, ubicado nun fermoso pazo, onde o traballo do xenial artista se pode contemplar no interior e tamén nos xardíns que rodean o edificio; conta cunha sala na que se poden ver tamén pezas de Camile Claudel.

Tivemos a sorte de poder gozar dunha exposición temporal dedicada a colección de arte xaponés do escultor, con pezas realizadas por el e outras que foron agasallos de artistas nipóns. Alí foi onde merquei o único agasallo que me fixen, unha axenda cunha ilustración dunha muller xaponesa – por certo este ano agardo comezar a tomar clases de xaponés, pero xa vos contarei-.

‘O bico’ ao fondo

Saimos do museo cando caían chuzos de punta, tomamos dous cafés con leite no primeiro bar que atopamos, e onde nos cobraron 9 euros. A auga, a mala uva e o cansazo andaban xa a facer estragos, así que decidimos xantar nun café, xa que co que caía non poderiamos comer os bocatas nun parque, e marchamos a recoller as maletas para marchar cara ao Charles De Gaulle.

Con algo máis dunha hora de retraso subimos ao avión cara a Compostela

A iso da 1 da noite chegamos a Santiago, onde nos agardaban dous Anxos, un deles de 7 anos, que fixo o esforzo de vir buscar ao seu padriño para decirlle que xa rematara o primero libro de Usagi e que quería máis.

Na casa agardaban Merry e Pippin, non sei canto nos botarían en falta eles, pero eu non deixei de pensar neles nin un só día…

Aquí remata pois esta crónica…Para o ano máis… e agardo que millor.


13 Responses to “Unha de cal…outra de area (e III- fin da historia)”

  1. peke Says:

    Parece que a viaxe foi frutífera. 🙂

  2. paideleo Says:

    Co tempo quedarás coas boas lembranzas desta viaxe.
    De tódolos xeitos gustoume compartir viaxe e coñecer máis de París.

  3. Jan Says:

    Si Peke, a viaxe foi moi frutífera a verdade. Gústanos moito levar preparado un guionciño para cada día, e despois perdernos por aí. Sempre é un gustazo poder cambiar de aires e saír das nosas rutinas, aínda que sexa por uns días.

    Gracias Paideleo polas túias palabras, alédome de que deras un paseo con nós a través das palabras. Como vai a vendimia?

  4. indómita Says:

    Joooooooo, que envexa! Cantos sitios! Cantas historias! Cantas lembranzas!
    Bicos dende a Algalia

  5. torredebabel Says:

    Pois xa me tardaban as cronicas!!! que bonita viaxe! moito ten que ver o destino, pero máis ca nada os viaxeiros que saben ver, que saben gozar e que saben contar. Bicazos aos dous!!

  6. Marinha de Allegue Says:

    En tódalas viaxes xurden imprevistos gustosos e menos gustosos ainda que sexan na grande París. O importante foi o sabor en conxunto…

    Beijossss para os dous.
    🙂

  7. O Breogán de Gáidil Says:

    Impresionante poder ver o conxunto das Portas do Inferno de Rodin en bronce. Parece que non, pero acojonan de carallo. Ir da túa man quitoume o medo todo 😉
    Bicooooos!!!

  8. Jan Says:

    Indómita, ao final supoño que o que quedan son as lembranzas non? E á fin e ao vabo é o que imos levar. Con todo non é tan fermosa como a túa terra nai, e non é por facer a pelota.

    Torre, estou de acordo contigo en que a viaxe depende moito dos viaxeiros, hai que saber mirar, iso é do máis importante. Un bico trasatlántico enorme.

    Marinha, ao final o que quedará é o conxunto, é verdade. Como lle digo a Indómita, quedarán as lembranzas, e seguro que co tempo as boas farán esquecer ás menos boas.

    Breogán, ir da túa man tamén é o mellor da viaxe, saber que senón me perdería por calquera esquina. Graza por turrar de min, sobre todo en días como os de Versalles. Bicos grandes.

    En fin, moitísimos bicos e apretas para todos os que vos pasates por estas crónicas.

  9. bouzafria Says:

    ¿Clases de xaponés? ¿Viaxe a Tokio para o ano? Alédome que o pasaran ben. Para os que non viaxamos, ler estas historias é algo ben entretido.

  10. Jan Says:

    Ben Bouzafría, para que faga unha viaxe a Tokio, coido que terei que aforrar aínda un pouco/moito, é simple interese polo idioma e pola cultura nipona o que me move a aprendelo. Aínda que Xapón é un dos lugares aos que máis me gustaría viaxar, penso que vai ter que agardar un pouco…

    Para o ano quen sabe! Barallamos un par de posibilidades, pero aínda temos que pensalas durante todo o ano…

    En canto ao xaponés, ao final me parece que as clases terán que agardar un pouco…Unhas obrigas máis urxentes ocupan agora o meu tempo, e as desexadas clases de xaponés terán que ser adiadas…

  11. Yoli Says:

    Ola parelliña, bueno, neste caso, kerida JAN.
    perdón pola miña desaparición.
    Estiven en Marrakech 9 días, por iso desculpas por non ir ao Garigolo aquel día ás 7, mais o vóo saía ao día seguinte e andabamos a 100. Foron 9 días estupendos. Xa teño fotos. Mais agradecería me mandasen mensaxe do grupo yahoo, elimineinos todos do borrador, así volas mando. Aínda estou desconectada, ademais estiven 6 días con virus-gripe-gastroenterite, de ahí tanta ausencia. Bueno, agora todo ben. teño ganas de que vexades algunhas fotiñas.
    Bicazos
    Yoli 🙂

  12. zgjwlunyho Says:

    oma pornhost

  13. vixmxityzo Says:

    [url=http://couplevwtcoupl.tripod.com/vfujy/hot-naked-chicks-in-outfits.htm]hot naked chicks in outfits[/url]