Arredor das 21.15 aparecían no escenario da Sala Brage do Auditorio de Galicia os músicos que acompañarían a Santiago Auserón arredor de dúas horas dun impresionante concerto no que puidemos escoitar: El Joraique, Obstinado en mi error, El canto del gallo, El tonto Simón, La rueda, Annabel Lee, La charla del pescado, Semilla negra, A un perro flaco, La negra flor, A cara o cruz, No más lágrimas, Veneno en la piel, La misteriosa…seguro que esquezo algunha, pero son todas as que están.

Acudín ao concerto acompañada por Breogán e Moralla, con algo de retraso chegarían P. e A., e aínda que estaban unhas filas máis atrás, xa quedaramos para despois do concerto xantar algo, tomar unhas cervexas e comentar a xogada.

Moralla sentou en primeira fila, a carón dos Pelachos e Martin Pawley -sen coñecerse-, ao final do concerto chegarían as presentacións e un breve intercambio das nosas máis que favorables impresións.

O Breogán e máis eu sentamos moi centrados na fila 4… excelente perspectiva durante todo o concerto!!!

Ata aquí a descrición pura e dura dos feitos, o demais foi todo emoción…

Non é a primeira vez que vexo a Santiago Auserón en concerto, pero si que podo dicir que para min foi a mellor. A única tacha que lle fago ao concerto: ter que estar sentados…iso para min é unha perdición. Pero quitamos á espiña ao final do concerto, cando todo o Auditorio en pé cantou La negra flor…o chan tremía baixo os nosos pés.

Tras un prólogo musical da Original jazz Orquestra do Taller de Musics de Barcelona entrou Juan Perro e comezamos a escoitar El Joraique – un dos temas de Mr. Hambre – ; despois Obstinado en mi error e coa terceira xa comezou o delirio, El canto del gallo púxolle o ritmo forte á noite, e a partires de aí todo comezou a crecer…Ás marabillosas adaptacións de OJO e a voz inconfundible de Auserón, que afortunadamente non muda ao longo do tempo, fixeron que todos os que estabamos alí batiramos palmas a rabiar…Coa terceira canción xa tiña as mans fervendo…

Non poido decir de cal gostei máis, porque é dificil escoller, pero me impresionou e emocionou moitísimo La rueda – escenario case a oscuras, voz e piano sós-…e por suposto Annabel Lee – ateigada de aplausos en varios momentos da interpretación -, sen esquecer Semilla Negra, cuns sorprendentes coros.
O final foi apoteósico, non os queriamos deixar marchar, batiamos o chan cos pés , aplaudiamos sen parar e entón chegou La negra flor -de novo- pero desta vez non só cantaron eles, abaixo berrabamos/cantabamos como tolos, este mítico “himno” de Radio Futura.

Podería falar aquí ata pasado mañá e seguro que deixaría cousas por dicir…Crecín con La Bola de Cristal e Radio Futura, lembro exactamente o primeiro día que vin a Santiago Auserón pola televisión sendo unha cativiña, el levaba un smoking de cor prata…e desde entón e tamén grazas á miña irmá, algo maior ca min, non puiden deixar de escoitalos…

Vinte e tantos despois continúo a escoitalo, penso que Santiago Auserón / Juan Perro foi, é e será un músico, un investigador, sempre con proxectos novos, diferentes e interesantes.

Agardo que sexades benevolentes e saibades desculpar este ataque de fanatismo musical adolescente…

13 Responses to “La negra flor”

  1. paideleo Says:

    Eu de música apenas sei. Eu deixo a Ana que poña a música e así coñezo algo dela… E Radio Futura formaba parte do seu repertorio. Non me extraña as paixóns que levanta.

  2. O Breogán de Gáidil Says:

    Annabel Lee é, xunto con Money for Nothing dos Dire Straits, un deses vídeos musicais que me marcaron moito cando rapaz. Encantábame. Tería eu uns 10 anos. Os meus irmáns me contaron que era dun poema de Poe, e de aí a que pillara “O Escarabello de Ouro” de Xerais non houbo nin un tris.
    O concerto foi espectacular, mérito que lle recoñezo a Auserón e á Original Jazz Orquestra, aínda que eu sexa máis de rock industrial e heavy metal, como ben sabe Jan (que “me sufre en silencio”).

    Bicooooooos!

  3. Leco Says:

    Que boas as fotos! Foi un concertazo. Enorme é este home!

  4. Jan Says:

    Paideleo: pois senón o fixo xa, dille que engada tamén os discos en solitario de Santiago Auserón, que tamén son unha gozada: Cantares de vela, Mr. Hambre,Raíces al viento y La huella sonora, non teñen desperdicio.

    Breogán: Algo se me vai pegando non che parece? Xa me vou afacendo a escoitar aos Nin Inch Nales…

    Leco: Impresionante o concerto, e co que contades vós e Pawley no blog, pois máis impresinoante aínda, a verdade é que parece un tipo extraordinario.

  5. torredebabel Says:

    estes artigos son quen de espertar toda a miña curiosidade, interés, empatía e fascinación e, dende logo, tamén toda a miña envexa (da sana e da que non é sana!!!!). Bicazos moitos para Moralla, para ti e para o Breogán dende unha mañá chea de primavera.

  6. Jan Says:

    Leco: supoño que as mellores imaxes as teredes na retina, pero se queres che mando as que millor saíron. Impagable a entrevista que fixeches para O levantador de minas!!!

    Torre: que envexa a primavera, aquí xa comeza a facer frío e a escurecer cedo! Con todo os días son soleadiños aínda. Moitos bicos e apretas para os tres!

  7. Leco Says:

    Agradézocho ben, Jan. Nós non fixemos ningunha 🙁
    Envíame as que queiras a leonorcombingarrobayahoopuntoes
    Grande noite, grande noite 🙂
    Bks

  8. BLAGDAROS Says:

    Holaaaaaa

    Acabo de descubrir a túa bitácora logo de que deixaras un mensaxe na miña. Quedas fichada. 🙂

    ¡Que envexa o do concerto!. Houbérame gustado ir pero non o souben ata que pasou.

  9. Jan Says:

    Leco: si que foi noite inolvidábel e grande, magnífica!!!!

    Blagdaros: Benvido! Este blog non é moi rolero… pero que non se diga que os roleiros non temos outras afeccións…

  10. BLAGDAROS Says:

    Ahí está. Non só de rol vive o friki. 😉

  11. peke Says:

    Ahhhhh! Sempre me encantou Radio Futura (xa non era unha nena) e de Santiago Auserón que vou dicir?

  12. yrmzinuvsz Says:

    sexual behavior in children

  13. yvwfgfonkz Says:

    amateur sex home movies