… máis dous que fan por un: son oito en total, non é?
1. Madrugada do 20 ao 21 de xuño do 1999…Desde hai máis de oito anos, moito que celebrar…Xuntos.

Finais do ano 99 nos Concheiros, ou Tal como éramos

2. Gatos: o meu animal adorado. Estar deitada no sofá, agochadiña baixo unha manta con Merry e Pippin é un dos grandes praceres que a vida ten para min, e é tan próximo!!!!!!

Figuriña gatuna exipcia: Museo do Louvre, agosto de 2007

3. Teatro: paixón deixada de lado por actividades máis prosaicas. O tempo pasa, e xa hai moito que non sinto a emoción de pisar unhas táboas – aínda que sexan pequeniñas – . Meu pai, miña nai e miña irmá continúan no tallo; eu agora interpreto, con maior ou menor fortuna, arredor dunha mesa…

Roberto Zucco de Koltés con Bartoleta Teatro

4. Pintura: Non son quen de trazar unha liña con xeito. Non me chega unha vida para coñecer todo o que desexaría dos pintores que amo, para ver os seus cadros, e sinto mágoa dos que nunca verei…É unha fame eterna esta da cor: Vermeer, Klimt, Lempicka, Courbet, Da Vinci, Magritte, Miguel Anxo, Velázquez, Goya, De Hooch, Schiele, Caravaggio, Arcimboldo, HopperVERMEER!

O meu favorito do mundo mundial, o meu Soño de Delft

5. Viaxar…De momento pouco, non todo o que eu quixera cando menos. Lugar ao que volvería polo menos unha vez ao ano: Londres (aí coincido co Breogán).

Vista de London, tomada no 2005

6. San Cristovo en Ferrol: lembranzas, tranquilidade, familia, amigos, verán, sonecadas debaixo dun tilo…

Imaxe de San Cristoviño

7. Ler: novela sobre todo, desde nena, debaixo das mantas con pouca luz, tarde…Agora a pouquiños, polas noites…Neste momento, o último de Harry Potter.

Portada británica do derradeiro da saga

8. Cervexa, e o que a arrodea: amigos e amigas, risas, pinchiños e sair á rúa…

Birriñas nun pafeto do Quartier Latine en París

As listas son inxustas sempre…

15 Responses to “Un máis seis…”

  1. Lúa Neghra Says:

    Unha aperta enorme e graciñas mil por estes dous anos compartindo traballos. Heime sentir como os xornalistas de ‘Lúa nova’, de Howard Hawks, usando ese teu regaliño ;), vanme faltar o sombreiro, a gabardina, e o cigarro na esquina da boca. Sortiña e moitos bicos, compañeira.

  2. paideleo Says:

    Gústanme os teus oito motores.

  3. peke Says:

    Cousas que fan feliz a calquera.

  4. bouzafria Says:

    Sen ánimo de ofender: aínda que vostede sexa máis guapa que a Streisand, o seu Breogán non chega ao nivel de Robert Redford ( nin el nin case ninguén ).
    Bonita lista, pero eu non podo estar perto dos gatos, a pesares da miña simpatía cara eles por ser enemigos dos pequenos roedores. Eu tamén trocaría a cervexa por viño.
    A divertirse.

  5. Jan Says:

    Lúa Neghra: grazas a ti tamén por estes dous anos de traballo compartido, e moita sorte no camiño que comezas…pero lembra que aínda tes qeu regresar pola ofi…Xa avisamos, aínda estamos agardando…

    Paideleo: si que é verdade, oito dos moitos motores que me moven!!!

    Peke: pois si, debo de ser un pouco hobbit, que o que máis lles gusta son os ‘praceres dunha vida sinxela’, je, je.

    Bouzafría: je, je, grazas pola parte que me toca, pero o do Breogán o dí porque non o veu en persoa (ji, ji). Respecto dos gatiños, é unha mágoa, hai moita xente que gosta deles e non pode estar ao seu carón polas alerxias. En canto ao do viño eu tamén gosto moitísimo del, sobre todo do Albariño, onde estea un Granbazán Ámbar, que se quite o demais.

    Moitos bicos a todas e todos!!!

  6. Marinha de Allegue Says:

    Concordo contigo as listas son inxustas sempre.

    Unha aperta grande.
    🙂

  7. torredebabel Says:

    na lista das viaxes a ver se ides engadindo Bos Aires que de seguro vos vai gustar aos dous! e a nós, dende logo!!!!

  8. Jan Says:

    Marinha: supoño que se a fixera noutro momento a listaxe sería diferente, con todo hai cousas qeu nunca mudarían, sobre todo as relativas aos afectos. Apretas e bicos grandes.

    Torredebabel: Eu tamén agardo poder visitar a vosa cidade algún día. É unha viaxe moi longa, pero non por iso menos agardada. Mais xa sei que o día que vaiamos haberá alguén para ensinarnos o máis fermoso de Bos Aires. Bicos moooooooooooooooi grandes.

  9. xqhydazkvq Says:

    pinay celeb nude

  10. tsvopwnknq Says:

    [url=http://girlswdxnnpret.tripod.com/ajxou/sex-galley.htm]sex galley[/url]

  11. shcrwnmtgl Says:

    sexual assault punishment

  12. mlevcpclaf Says:

    [url=http://womanwayoung.tripod.com/guvbj/french-maid-sex-story.htm]french maid sex story[/url]

  13. pupensrabs Says:

    danielle derek porn

  14. gjeborabmn Says:

    free ass pix

  15. luhyjwjexi Says:

    [url=http://teenypxdteeny.tripod.com/zbuuu/lolita-nonnude.htm]lolita nonnude[/url]