Máis dun mes sen pasar por aquí…Buff! Non sei por onde comezar…

Onte chegamos de London a Compostela tras unha estancia de tres días, pasamos por Fleet Street tal e como comentaba no post anterior, pero non hai rastro do barbeiro diabólico, aínda que si dalgunha barber shop.

Desta vez, que xa é a terceira, a idea era a de pasear, tomar pintas onde nos prestara, revisitar os sitios preferidos da cidade e ver algo novo, ademais de visitar a dous amigos, que nunca están na cidade cando viaxamos no mes de agosto…E todo cumpriuse.

Os que por aquí pasades xa sabedes da miña paixón por esta cidade, e a viaxe nesta ocasión era especial, xa que foi realizada durante os días de permiso con motivo do noso casamento, que aconteceu o 15 de marzo en Compostela (como din na prensa rosa, na máis estrita intimidade), só estabamos os futuros esposos e os padriños, e os fillos do padriño, que non tiña con quen deixar aos pequenos esa mañá… E despois da voda, ás 10 da mañá, ás oposicións ás 12 – que por certo non pasei – e despois tarde de xantar e de cañas e conversa coa madriña…As comunicacións ás familias chegarían ao día seguinte, que quedaron algo decepcionadas xa que o que realmente agardaban era outra cousa

Como ía contando a viaxe á London foi tal e como agardabamos, aínda que moi pasada por auga e cun frío do demo…Unha das cousas que máis me sorprendeu da viaxe, foi o pouco frío que teñen as inglesas, que andan a 3 grados polas rúa, con sandalias, minisaia e sen medias!!!! Incrible, eu non levaba a manta da cama porque non podía…e elas como di a miña nai ‘a cuerpito gentil’…Despois me diría S., ferrolana e británica de adopción, que as únicas que andan con roupa de abrigo no inverno son as españolas, italianas e sudamericanas…e as galegas, of course.

Desta vez, o tempo non invitaba a comer na rúa, e os xantares os fixemos de pubs (Friend at Hand -cerca de Russel Square-, Shakespeare’s Head – Carnaby -) e as ceas no hotel, coa comidiña mercada no Tesco de Trafalgar Square. Descubrimos grazas a S. e T. un par de sitios fenomenais e moi ben de prezo para xantar na cidade, e moi recomedábeis, Wagamama (é unha cadea, ceamos no de Covent Garden) e Nando’s (hai 27, nós xantamos no do South Wark).

Visitamos de novo Trafalgar, o British, a National Gallery, onde descubrín un pintor para engadir á miña lista de favoritos, do que aínda teño que investigar algo e do que vimos este cadro, e a Tate Modern, onde había unha interesante exposición do surrealismo e onde estaba o segundo cadro de Klimt que puiden ver na miña vida: Portrait of Hermine Gallia.

Visitamos a Torre de Londres por vez primeira, e aínda que é moi cara a entrada, a visita vale a pena, arredor de catro horas dentro do lugar vendo aos enormes ravens alimentados polos beefeaters e coñecendo un pouco o que aconteceu dentro destes muros. Os beefeaters guiábanche pola Torre contando as historias máis sanguinolentas, mais o meu inglés é moi limitado e o Breogán tiña que estar a traducir a meirande parte da parrafada, co cal decidimos ir pola nosa conta seguindo a guía mercada na tenda da Torre.

Mais se houbo algo do que realmente gostei nesta visita foi coa descuberta, camiño da Tate o derradeiro día do Borough Market (South Wark)…Impresionante, un mercado de comida, cuns postos impresionantes, con alimentos comúns, pero con outros moi exóticos, é unha visita moi recomendábel…iso si, ide con fame para probar de todo, eu acababa de meterme ao corpo un full english breakfast no hotel, moi, moi pequeniño pero recomendábel por xeitoso e céntrico – ao lado mesmo da estación de King Cross, e non era quen de probar nin un petisco…

Falando de mercados, tamén fomos a Portobello, Notting Hill é precioso, pero como mercadiño de roupa gustounos bastante máis Candem, ademais a mañá que visitamos o mercado foi pasada por auga e non prestaba moito pararse a ver os postos…

Seguiría falando días e días, dunha viaxe que só durou catro, pero non vos quero cansar, seguro que atoparei calquera excusa para contar máis cousas noutro momento…

15 Responses to “De viaxes e Arnolfinis”

  1. indómita Says:

    Xa estades de volta!!!! Viva ese casamento! Vivan os noivos!Bicos a moreas e esta semana cañas para celebralo. Que envexa esas fotos, que ganas de voltar… e sabes unha cousa… nunca vin en persona a un Beefeater (malia ser o único que bebo!!!)

  2. ghanito Says:

    Parabéns ós dous polo casamento, casastes cinco días antes do meu aniversario!

    Ainda que fixestes mal en non convidar xente á vosa voda, é un día no que (se non invitas xente de compromiso coma foi no noso caso) todo o mundo quere ós noivos e despois é marabilloso lembralo. Supoño que se o fixestes así será que non vos apetecía moito lío.

    Ainda que nada cambiara o día 15, sorte na vosa vida de casados 😛

  3. Lúa Neghra Says:

    Parabéns!!! Levo unha racha xeitosa de casamentos “na máis estrita intimidade”, algúns vividos en vivo e en directo e outros, coma este, no corazón. Aperta enorme aos dous! Que lúa de mel tan cumprida 😀

  4. Marinha de Allegue Says:

    Parabens para os dous!!!.

    Unha aperta
    🙂

  5. jan Says:

    Gracias a todos/as polos desexos!!!
    Ghanito, eu sonche moi, moi festeira, e son a típica que se emociona nas vodas, pero neste caso, o feito de argallar algo e ser protagonistas durante todo un día, non sei, era moi forte para os dous…Xa faremos festa por outros motivos, nos que os protagonistas non sexamos nós…

  6. Martin Pawley Says:

    Parabéns! (Aproveito para dicir que a min encántanme as vodas)

  7. paideleo Says:

    Parabéns por esa voda tan secreta !.
    Gustoume a vosa viaxe a Londres que me trae bonitas lembranzas do pasado.
    Pois nada, agora toca ser felices e deitarse cun home casado.

  8. torredebabel Says:

    sinto pero non son quen de comentar nada de London, quedei sorprendida pola nova do casamento!!!!!!!Noraboa pola intimidade (eu son un fracaso andante nese asunto, todo remata por sairme mal). E noraboa tamén e sobre todo pola voda. Iso sí, se ides facer unha festa, avisade con tempo que eu quero estar!!!!!!!!!!!!

  9. Jan Says:

    Gracias polas túas palabras…Festa por este motivo xa non creo que fagamos, pero agardemos que no futuro haxa outros máis interesantes, e para eses si que avisarei con tempo…

    Apretas transoceánicas!!!!!

  10. ghanito Says:

    outros mais interesantes?

    Que andaredes facendo volodous! Non estaredes facendo ‘uso’ do matrimonio?
    É unha expresión tan, tan rancia que me fai coña! XD XD

  11. hglupivyns Says:

    [url=http://couplewhrcoupl.tripod.com/oozja/pandora-porn.htm]pandora porn[/url]

  12. bohezcpkls Says:

    drug performance sexual

  13. pqzwlotqnw Says:

    katie price naked wallpaper

  14. xerajoxwve Says:

    [url=http://prettybwyhard.tripod.com/lhjhh/hairy-twink-ass.htm]hairy twink ass[/url]

  15. xifohojevi Says:

    older man spanking teen http://uk.geocities.com/losingweightfdon/apnqv-ej/older-man-spanking-teen.htm